Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Festival do Pasatempo de Betanzos presenta a súa edición 2024

O festival propón unha experiencia única que combinará a mellor música coa natureza e a historia do recinto. As entradas sairán á venda mañá xoves 30 ás 12:00 cun prezo promocional de 35 € o abono de dous días e 25€ a entrada de día só para os primeiros compradores, que poderán adquirilas en Enterticket e a web do festival.

O venres 5 de xullo destacan os nomes de Andrés Suárez e Paula Mattheus. O artista ferrolán chegará co seu último traballo ‘Viaje de Ida y Vuelta’ ao Festival do Pasatempo acompañado e arroupado pola súa banda. O cantautor continúa enchendo espazos no ámbito nacional e latinoamericano coas cancións que compoñen este delicado álbum co que chegou a posicionarse como número 1 en vendas. Pola súa parte, Paula Mattheus é unha das grandes revelacións do pop nacional, aportando un aire novo e fresco á música do país coa súa voz única, rota e doce ao mesmo tempo.”Ya No Me Joden La Fiesta” é o seu recente lanzamento que da nome á nova xira, presentada en Live Las Ventas con entradas esgotadas e máis de 3.000 asistentes. Cun potente show cargado de enerxía, Paula Mattheus non deixa indiferente a ninguén e fai de cada cita unha festa inesquecible.

O sábado 6 de xullo destaca cun dos nomes máis importantes da música en España durante o século XXI, David Bustamante, que estará acompañado da artista galega Sabela. Bustamante é unha das mellores voces da música en español, e traerá a súa xira “Veinte años y un destino” ata o Parque do Pasatempo de Betanzos, nun espectáculo no que repasará os seus máis de 20 anos de carreira. Ninguén canta ao amor como Bustamante, cunha dilatada, consolidada e frutífera traxectoria musical, 19 discos de platino, varios discos de ouro e máis de 1.000 concertos, que avalan a súa carreira musical e convérteno nun dos artistas máis importantes do país. Mentres tanto, Sabela é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela eleva a súa música a un aspecto máis eufórico, converténdose no gran alicerce deste xénero en Galicia. Hoxe mesmo acaba de estrear o seu novo sinxelo “Hi, My Love”, co que pretende revolucionar o pop electrónico galego. Tamén se atopa presentando a súa xira baixo o nome de “Ceniza Tour”, que foi seleccionada para o certame Girando Por Salas e xa conquistou algunhas das grandes cidades do país como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Valladolid, Jaén ou Oviedo, e que continúa polas cidades de León e Salamanca. Esta xira tamén a levará por festivais da talla do SonRías Baixas.

O festival xorde como una iniciativa para traer a artistas de primeiro nivel a un parque histórico, poñendo en valor a súa categoría de Ben de Interese Cultural. O espazo é un tesouro agochado da historia galega, construído no século XIX polos indianos da zona. A día de hoxe segue sendo un elemento impresionante en vías de restauración, polo que o evento, dende a liña gráfica creada por Rei Zentolo ata as actividades e comunicación do mesmo, tamén visibilizará os procesos de resignificación dun dos espazos máis históricos e culturais da contorna.

O Festival do Pasatempo de Betanzos é un festival promovido pola promotora PlayPlan, artífice de festivais como o SonRías Baixas ou das carreiras artísticas de Tanxugueiras ou Caamaño&Ameixeiras entre moitos outros. Ademais, conta coa colaboración institucional da Xunta de Galicia, Xacobeo e Concello de Betanzos.
Festival do Pasatempo

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información