Notas
-
A mostra, a que máis público recibiu na historia de Ourense e a máis importante de Galicia, "contou con pezas de 39 museos de 10 países sobre un tema que nunca antes había sido obxecto de exposición, os suevos, e relacionada coa nosa identidade e co primeiro reino medieval de Occidente", expresou Manuel Baltar no acto de clausura. No acto estreouse o documental In Tempore Sueborum, dirixido por Jesús María Caramanzana.
-
O 30 de abril reuniuse o xurado do Certame convocado polo Centro Cultural Ignacio Rey Stolle de Bazar (Castro de Rei), con motivo do seu Cincuentenario, formado por Severiano Ónega Ares (Fundación Blas da Ponte de Outeiro), José Luis Ramudo Ramudo (xornalista), José María Teijeiro Regueiro (Secretario do Centro), e Xulio Xiz Ramil (xornalista).
-
Un grupo de 157 alumnos e alumnas, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, acompañados de profesorado de 11 dos 19 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Xunta de Castela e León rematan hoxe a visita de estudos que os trouxo a Galicia.
-
Téñense remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello XESÚS MATO MATO. Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucions ou empresas.
-
Arranca "Ourense ICC Week" 2018, que converte un ano máis a provincia de Ourense no punto de encontro da vangarda creativa audiovisual e cultural, cun amplo programa de conferencias, concertos, obradoiros e actividades tecnolóxicas, organizados pola Deputación de Ourense, que se desenvolven entre hoxe e o vindeiro domingo, 5 de maio.
-
Unha das citas musicais de referencia do noroeste peninsular regresa este verán con máis de 100 actuacións de balde que inundarán máis de 15 escenarios urbanos da Coruña, como a praia de Riazor, prazas, museos, teatros, parques, rúas e locais de referencia da cidade. Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A e Mordem son as primeiras artistas confirmadas.
-
O documental, dirixido por Rosario Sarmiento, foi un dos proxectos galardoados no I Concurso de Ideas ‘Luísa Villalta’ de Iniciativas Culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña. A proxección do documental seguirá un coloquio sobre as circunstancias da muller na arte.
-
Este xoves, 26 de abril, alcanzouse no Concello de Paradela o número de 1.200 adhesións á petición formulada polo Concello para que a Xunta de Galicia conceda a Medalla Castelao ao crego e musicólogo Xeús Mato Mato. Nos últimos sete días a cifra de adhesións recibidas foi de 500.
-
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
-
A obra do máis recoñecido dos autores escandinavos pode verse ata finais do ano 2018 no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia, comezando por títulos como Xogos de verán, Un verán con Mónica ou Amorodos salvaxes. Continúa no mes de maio coa célebre O sétimo selo.