Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Indomable, Tachenko ou os ourensáns De Vuelta e The Panthom Dragters, entre as propostas destas Festas de Ourense
    O rock, o jazz, a música indie ou a psicodelia serán algunhas das propostas programadas este ano polo Concello na Praza de San Martiño e na Praza do Ferro, con motivo das Festas de Ourense. Os escenarios instalados no corazón do Casco Vello acollerán un total de once actuacións, entre as que destacan nomes como os do músico Indomable, o grupo Tachenko ou os ourensáns De vuelta e The Phantom Dragters.
  • O Concello de Paradela celebra a Medalla Castelao de Xesús Mato Mato
    O Orfeón Lucense, Coro da Catedral de Lugo, tivo a idea de pedir para Xesús Mato, o seu Director emérito, unha das Medallas Castelao que anualmente concede a Xunta de Galicia. Sendo Mato fillo predilecto deste Concello, o Goberno municipal recolleu o anceio desta agrupación coral, acordando no pleno de 22 de marzo de 2018 “mostrar o apoio e solicitar da Xunta de Galicia se lle otorgue a Xesús Mato Mato a Medalla Castelao do presente ano”.
  • Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela e Compañía Ensalle protagonizan a segunda xornada de Galicia Escena Pro
    Galicia Escena PRO, o mercado galego das artes escénicas que se celebra en Santiago de Compostela, ten preparada unha segunda xornada con cinco compañías galegas como protagonistas: Tanxarina, Borja Fernández, PT Excéntricas, Sarabela Teatro e Compañía Ensalle. A través delas dáse conta da variedade de estilos que ofrece a carteleira desta sexta edición do encontro.
  • Presentada a 35ª Edición da Carballeira de Zas, máis folk ca nunca
    Hoxe presentouse oficialmente o cartel e as novidades da 35º Edición da Carballeira de Zas, cita obrigada para todos os amantes do folk celebrado na primeira fin de semana de agosto (venres 3 e sábado 4). A presentación fíxose da man da Vicepresidenta e Responsable da área de Cultura da Deputación de A Coruña, Goretti Sanmartín, o alcalde de Zas, Manuel Muíño, o Director do Festival, Fidel Otero e o responsable de patrocinios musicais de Estrella Galicia Víctor Mantiñán.
  • O Pazo de San Marcos de Lugo acolleu a gala dos Premios María Luz Morales da Academia Audiovisual Galega
    O Salón de Plenos da Deputación de Lugo acolleu a gala da segunda edición dos Premios María Luz Morales que organiza a Academia Audiovisual Galega, e que promoven a investigación científica no ámbito audiovisual. Os premiados desta edición foron Lucía Estévez, Marcos Nine, Fernando Redondo e Denisse Lozano e o traballo de Éire García Cid, Brais Romero e Sabela Rei, que recibiron cadanseu accésit.
  • A XXXIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros reunirá en Monterrei a músicos de Galicia, Asturias, Escocia, Irán, India e Xapón
    A XXXIII edición da 'Xuntanza Internacional de Gaiteiros"', evento declarado de Interese Turístico e Cultural, reunirá o vindeiro sábado no castelo de Monterrei a músicos de Galicia, Asturias, Escocia, Irán, India e Xapón. Esta edición será en memoria do insigne mestre gaiteiro-artesán Antón Varela 'Tonecho'. A presentación desta celebración tivo lugar no Pazo Provincial de Ourense.
  • Ponse en marcha a web Universo Cantigas, edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa
    Nace o portal Universo Cantigas, que presenta a edición crítica dixital da lírica profana galego-portuguesa, a continuar o traballo realizado nos anos 2010-2015 para o Glosario (http://glossa.gal). Desde o 17 de maio xa se poden consultar no enderezo universocantigas.gal os primeiros 150 textos coa perspectiva de chegar ás 640 cantigas en decembro de 2018; isto é, a primeira sección (cantigas de amor grosso modo) das cantigas galego-portuguesas.
  • Un ano máis a Ribeira Sacra contará co Festival Internacional de Música
    Presentouse no embarcadoiro de Doade o Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebra co apoio da Deputación de Lugo. No acto participaron representantes da Deputación e de varios concellos, e o director do festival, Carlos Montilla. O festival terá lugar do 27 de xullo ao 5 de agosto en espazos e lugares emblemáticos de Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Ourense, Castro Caldelas, A Teixeira e Negueira de Ramuín.
  • A Academia Galega do Audiovisual entrega os II Premios María Luz Morales de investigación audiovisual
    Organizados pola Academia co respaldo das catro deputacións galegas, co obxectivo de avivar o interese polos estudos sobre o audiovisual, estes premios ofrecen ás persoas estudosas e investigadoras a posibilidade de facer os seus traballos en formato audiovisual ou escrito. Levan ademáis o nome dunha xornalista que foi a primeira directora dun xornal diario estatal e que exerceu como crítica, investigadora e colaboradora de producións audiovisuais.
  • Inaugurada na Coruña a exposición itinerante 'Picasso. A viaxe do Guernica'
    O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, inaugurou nos Xardíns de Méndez Núñez, a exposición itinerante Picasso. A viaxe do Guernica, unha proposta da Obra Social Caixa que se poderá visitar até o 20 de xuño 'e que supón unha oportunidade para profundar no coñecemento do Guernica e nos procesos creativos dun dos artistas máis destacados da historia, así como para achegarnos á nosa propia historia'.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 105
  • 106
  • 107
  • 108
  • 109
  • 110
  • 111
  • 112
  • 113
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información