Crítica
Exposición RETRATOS (Lisboa, 2002)
Os traballos amosados, nalgúns casos bocetos de obra definitiva, son cronoloxicamente distantes e, fundamentalmente por elo, a maneira, diversa. Nembargante, estimamos posible a localización dun denominador plástico común. Sen olvida-la semellanza co modelo, consustancial co xénero pictórico, o retrato é un pretexto para a exaltación de atributos plásticos: linea, plano, valores cromáticos. Na obra esencializase a información biográfica (a referida á personaxe) e a plástica, eliminando os contidos estimados como superfluos, en procura dunha comunicación estética máis eficaz. Sintéticamente, propoñemo-la denominación “reduccionismo esencialista” como definitoria do estilo destes estudios.