Crítica
A función da arte está en desenvolve-la capacidade do sentir do humano e en facerlle coñece-la beleza; engrandece e profunda a vida. O artista trata de enriquecer e transforma-lo que o rodea. A estrañeza fai mira-las cousas con máis intensidade. Se a arte é fonte de riqueza que dignifica un pobo, estou plenamente seguro de que a pintura de Mayor Balboa é un cúmulo de fontes de grandes tesouros que emanan constantemente dos seus pinceis.
A arte aclara sentimentos, opera no campo da emoción, estimula o sentir e reaccionar do artista, polo tanto a pintura, neste caso, impulsa a autoexpresión consciente e inconsciente de Mayor Balboa logrando clarificar e proxecta-lo propio espírito, configurando así un estilo persoal único e inefable mediante unha expresión creativa e desinhibida.
É vital cambia-lo paradigma do equilibrio estable por outro no que coexistan desequilibrios e reequilibrios que desemboquen no conflicto desencadeante do progreso social, nas ideas diverxentes.
Mayor Balboa atopa na cor a súa máxima expresión, cores cálidas ó xeito das que obtivo Picasso en moitas das súas obras (Crucifixión 1930) cores que esper-tan apetitos e curan fríos; logra unha relación mutua entre as formas e o cromático, entre as cores acendidas e apaixonadas: vermella, amarela, azul, moura..., que dotan a súa obra dun ton lírico, dun certo carácter expresionista. As figuras irradian unha curiosa sensación de felicidade. O manexo de cores cálidas e frías e a alegre mestura de fantasía e realidade, dotan a súa obra de singularidade ante a que o espectador, aínda inmerso nos seus soños, déixase enfeitizar pola mensaxe da súa obra, que nos permite facer realidade os nosos soños.
É preciso pararse e buscar elementos curiosos, xa que a obra, a primeira vista, se percibe como un todo, pero un todo a modo da física cuántica, que fai énfase na visión dun mundo que aparece como un tecido complicado, de eventos interrelacionados e autónomos.
Atopamos na obra de Mayor Balboa reiteradamente a luz da lámpada Mónica como ímpeto de enerxía vital, trazo que caracteriza o autor en tódalas súas facetas.
Bebe de fontes persoais, literarias e ambientais: Gaudí, Cunqueiro, Blanco Amor, Rosalía de Castro, García Márquez, o seu Lugo natal, etc..., ingredientes que repercuten na súa producción. A paisaxística que trata é normalmente urbana, como el mesmo, que me recorda a fantástica cor e estampa das casas de pescado-res do porto de Bergen (hoxe galerías de arte). É posible que os seus coñecementos profesionais sobre arquitectura xurdiran de mananciais bergenianos ¿quen sabe?...
Dicía o psicólogo Abrahan Maslow: "es mejor hacer una sopa de primera clase que pintar un cadro de segunda". Indubidablemente que Mayor Balboa non precisa da sopa para desenvolve-las súas inquedanzas, máis si dos cadros, cadros de primeira.
A partir de André Bretón ninguén se atreve a ignora-lo surrealismo, tam-pouco nós podemos pasar por alto os toques surrealistas, de pensamento diverxen-te que atopamos nesta mostra (o San Froilán, os Morcegos, a Esmorga...). Cadros que descansan ó abeiro das cores primarias: grosas pinceladas de cor enchen os cadros que parecen demasiado pequenos para conter toda a escena que alí se des-envolve, as vivas cores suxiren unha sensación de expansión coma se as pinceladas se prolongasen fóra dos marcos, (algo semellante ocorríalle nalgunha obra a Kirchner).
Non podemos esquecer, segundo o pedagogo norteamericano Gardner que unha das características dos grandes talentos e o seu comportamento infantil, as súas actuación desinhibidas, pensemos en Einstein que se comportaba ante o público coma un neno traste. No caso de Mayor Balboa, reflectíndoos na obra. "A muller máis gorda do mundo" episodios alegres da súa infancia visitando atraccións de feiras.
Tradúcese tamén a súa obra en realidade dinámica, retomarei a frase de Oscar Wilde: "Con frecuencia se dice que la tragedia del artista es no poder reali-zar su ideal, pero la verdadera tragedia que sigue los pasos de muchos artistas es que realizan su ideal demasiado plenamente. Pues el ideal cumplido queda despojado de su misterio y maravilla y se convierte en un nuevo punto de partida hacia otro ideal".
Esta é a loita do verdadeiro artista, faceta que se dá na actitude de Mayor Balboa.
O romanés Víctor Branner en 1931 pintou o seu autorretrato cun ollo saca-do, obra que resultou profética, pois o artista perdeu o seu ollo esquerdo no ano 1938 nunha pelexa taberneira. Do mesmo xeito eu faría nunha escultura profética a Mayor Balboa como xenio da pintura, da cor e humor pueril tan necesario neste século XXI.
Gozaremos pois da obra de Mayor Balboa.
De cadro en cadro
Como vespertinas bolboretas
Alegres de flor en flor
Impregnándose de néctar e cor
Nos xardíns do Rei Sol.
Fernando Villapol
Escultor