Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Xosé Lodeiro

A cidade, ese novo edén do artista moderno, promete poucos paraísos artificiais. Se cadra as horas longas no café, a tertulia invernal, o excesivo parladoiro. Despois, o calexeo, cara ós rumbos da noite. En Vigo esvaeceu e murchou aquel retrato de grupo que reproducía unha bohemia inxenua, rebelde, romántica e chea de autenticidade. Non sei por que, pero sempre vin a Xosé Lodeiro como un sobrevivinte daqueles tempos nos que unha cohorte de artistas, os primeiros verdadeiramente baudelerianos de Galicia, estaban protexidos pola celestial e máxica intemperie de Urbano Lugrís, que aquí veu buscar o derradeiro porto para embarrancar, coma unha das súas naves soñadoras e levitantes, na derradeira praia. Xosé Lodeiro ten algo de obreiro da pintura. É como se un suprematista soviético -agora que as vangardas poden levar tamén o atributo de vellas- decidise encarnarse nun carpinteiro de ribeira de Barreras, que vai arrastrar á súa obra as paisaxes da ría, a temporalidade que a luz provoca no mar ata construir un espacio idealizado. O seu constructivismo ten tanto que ver coas razóns da arte como coas grúas, as gradas e esoutros monumentos industriais que se adonan da paisaxe urbana. Él pon orde e luz neses caos, o que xa abonda. Por iso Pepe Lodeiro é o antidivo. É tamén testemuña desa cidade industrial e madrugadora, e dásenos dun xeito humano, accesible, aberto. Alza a voz na taberna, litiga coa palabra per nunca nos sentimos diante dun deses artistas que decidiron cultivar al flor carnívora do mal para resistiren perante os embates dos tempos e o anonimato da urbe. Hoxe, Lodeiro, que abandonou tódolos retratos de grupo, é un home de horas diurnas, un sereno paseante. Isto é así, se cadra, porque a súa pintura necesita espacios luminosos e, cando pasea, levando o ritmo mudante das horas semanais, diríase que o fai buscando raiolas, mediodía, raxeiras, solpores. Se hai pintores que necesitan a brétema e outros hay que necesitan a luz, Lodeiro é, sen dubida, daqueles que necesitan o don da luz. Nunca estiven alí, pero sei que Xosé Lodeiro ten o estudio nas alturas dun deses edificios de pedra que lembran o esplendor da cidade. Imaxinoo alí: abrindo novas fiestras ós átomos do aire. No é un pintor de subidas nin de baixadas. A única escaleira que parece aceptar é a escaleira ó ceo.

Autor de la crítica: 
Ramiro Fonte

Lodeiro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información