Crítica
A necesidade de expresión plástica reflexase na súa obra pola variedade de motivos, na necesidade de plasma-lo que observa, cunha temática viva e elocuente prestando moita importancia á figura humana dinámica no seu hábitat natural e escenas costumistas. O gusto na composición e na elección dos bocetos que van ser pintados, xunto cun traballo minucioso son claves na súa traxectoria.