Crítica
As nobles ansias do artista son mais atemperadas cando preparan unha exposición, así, con letra alta por ser labor de tempo, de meditación, de escolla e, derradeiramente, de lugar.
Pasadas tales inquedanzas aparece colgando trinta e dous cuadros, Plácido Amboage Fernández, un santiagués conocedor do oficio e amante dos rincóns con un contido de beleza e moitas veces de esquecimento. Un dos románticos lugares de Compostela, non sei se o máis romántico, é o xardín do Convento de Santa Clara, de curtas medidas, sempre verde e ben aseado, con moi longos silencios e arumes de incienso. Alí foi recoller a sua estampa o artista, estampa apreciada con emoción, como ten que ser diante de dous mundos e no encontro con lendas de milagro, sempre cautivadoras, que dan á luz un reflexo de santidade.
A Torre Berenguela ou do reló é xeitosa para modelo pero hai que facer guardia para conseguir un intre de paso de chuviscas ou de néboas, de baixada do sol que fan da torre do reló a mais belida torre de Europa. Ahí está na obra de un pintor con esa vida que mostra sempre a interpretación fiel dos colores.
Estampas da Rua Nova e da Rua do Villar, as fachadas da Catedral e inda lugares de Rianxo ou do Faramello, viven nos lenzos que agora se mostran, cada un ten a sua gracia como As Chamneas da ciudade que nos traen lembranzas de tempos moi lonxanos e o Pazo de Bendaña cargado co mundo e interpretado con acerto como todo o conxunto de canto recolle a realización de unha obra de realismos sempre en sosegada interferencia de color que da vida ós espacios de tan doada interpretación.
E moi agradable pasear con un artista polas impresións dos seus andares por sol e sombra, con luz de moitos amañeceres que traen o dían antre regandixas de torres, chamineas sin fume e vivas, moi vivas espranzas de un maán de regalias.
Antonio Fraguas Fraguas. Crítica para o catálogo da exposición de óleos na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia.