AGORA FITANNOS
Ahora prima la idea de que la pieza no existe sin la participación del usuario, que no es hermética, sino algo incompleto que requiere de su exposición para realizarse. Pero las obras de arte son conscientes de esto. Ahora somos conscientes de su consciencia. Las obras de arte nos escuchan, nos ven, nos sienten, y esperan que nosotros las entretengamos a ellas y no al revés…..
Rafael Lozano Hemer. Lo digital ha devuelto el aura al arte. Entrevista de Javier Díaz Guardiola.. Abcd de las Artes nº 949. pax 32.
Subxectividade, logo do espazo percorrido dende os albores da arte moderna, pasando polas vangardas e a arte actual, é falar de cómo percibe a época da subxectividade como valor, o tempo que lle tocou e toca vivir.
A obra de Santi Jiménez analiza de xeito distanciado, irónico e ás veces cínico, a percepción icónica da intimidade que herdamos de todo tipo de cultura visual: a do cinema -cun especial interese pola imaxe creada da intimidade polo cinema verité francés- a das series de TV, a da banda deseñada, a mostrada na rede, e tamén nas imaxes pertencentes ó considerado grande arte.
Jiménez,crea un aparato visual contaminado, bastardo, conformado por representacións da representación, onde a imaxe orixinal xa non existe.
As estratexias de apropiación, un dos alicerces da obra do noso artista, xa vella na historia da arte, non se leva a cabo con uns fins reinvindicativos a nivel social. A cultura pos-moderna que herda mais de cerca, entende a subxectividade como unha re-interpretación transitiva do mundo en moitas ocasións asociada ó corpo.
O artista, como non podía ser doutro xeito, re- interpreta moitos dos mecanismos que crearon a visión de subxectividade asociada a intimidade na arte, evidentemente, pervertendo estratexias da arte de Xénero Cultural.
Na súa obra cobra especial relevancia a rede, un vertedoiro inmenso de visualidade onde adoita mergullarse ,horas e horas, buscando e arquivando imaxes, que logo farán parte das súas colaxes dixitais.
Debuxante nato, comezou coqueteando coa fotografía sen manipular, nunha sorte de accionismo documentado, mais pasou de xeito natural a un universo no que non se intenta destilar veracidade - mediante unha realidade poética que só ten cabida no marco da arte- senón poñer ó espectador na tesitura de cuestionar o que se representa, si se representa ou non algo, e si a subxectividade é entendida como intimidade cuestionando os seus principios morais verquidos nas súas reaccións perante a peza…
Como?? convertendo en debuxo, algo moi de tendencia na cultura visual da última década, a mestura de imaxes fotográficas pertencentes á súa intimidade, fragmentos de debuxos orixinais do propio artista, imaxes tiradas da rede, da publicidade, do cinema… conformando un conxunto ordenado con textura de realidade mediante a colaxe dixital convertida en debuxo.
Nas pezas, sempre adoitaba utilizar a sintaxe do fragmento, do detalle, do voyeurismo extremo, como unha imaxe furtivamente capturada por unha cámara espía, dende prospectivas imposibles. As obras resultantes sempre semellan retrincos dunha imaxe maior, a orixinal: unha escena que só sen nos permite mirar pola fechadura dunha porta.
Agora, o artista crea con estas pezas un traballo máis honesto, igual de irónico, pero menos cínico: en palabras de Santi Jiménez doulle o que me pide cada debuxo, xa non fago series de pezas…. As personaxes xorden con toda a intensidade que lle confire a súa nova honestidade.
Este reciclador de imaxes de terceira man, agora re-inventa a súa vida a través da arte,e a súa arte enriquécese coa súa propia intimidade.
As personaxes despregadas adoitaban ser alleas á mirado do espectador/ a… mais, o que Santi Jimenez nos mostra nesta exposicións, son obras que nos fitan, que enfrontan a nosa ollada. Son personaxes que nos desafían con unha espontaneidade construída e desacougante, a mirar o quen non pode captar unha cámara, o quen non se pode debuxar, o mais íntimo das persoas: os seus segredos.