Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El viaje de Rosalía rinde homenaje a la escritora gallega más universal, en el marco del programa de dinamización lingüística FalaRedes

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O 24 de febreiro é unha data destacada no calendario de celebracións da lingua galega por conmemorarse o 179º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer en rolda de prensa a segunda das actividades que a Consellería de Cultura e Educación porá en marcha en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia no marco da quinta edición do programa 'FalaRedes': 'A viaxe de Rosalía'.

García Gómez deu conta dos detalles deste novo espectáculo pensado para dinamizar a lingua galega entre o público xeral, a partir dos seis anos de idade, acompañado de Larraitz Urruzola, a actriz responsable da peza.

“Nas vésperas do Día de Rosalía, que conmemoraremos o 24 de febreiro, presentamos unha nova actividade para a RDL. Unha proposta pensada para homenaxear desde os concellos a escritora central das nosas letras a través do 'FalaRedes', o programa de dinamización lingüística con máis sona no tecido municipal galego”, destacou o secretario xeral, quen rematou sinalando que “esta será a segunda ocasión na que se lle renda tributo a Rosalía e se contribúa a divulgar a súa figura, vida e obra desde a RDL, que xa acolleu en 40 concellos a actividade 'Rosalía pequeniña' con motivo do 150º aniversario da publicación de 'Cantares gallegos' no 2013”.

'A viaxe de Rosalía' é a segunda das actividades en marcha no marco do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes 2016'. A proposta combina as técnicas da narración oral tradicional coa interpretación actoral, uns fermosísimos monicreques de mesa e música para mostrarnos a vida e a personalidade da nosa autora máis universal, Rosalía de Castro.

A cabalo entre o Día de Rosalía e o Día da Internacional Muller bota a andar este coidado espectáculo que nos achega a Rosalía feminista, culta, valente e comprometida que ás veces a súa propia lenda ocultou. É Francisca do Campo, madriña de Rosalía, a personaxe que nos guía a través da traxectoria vital e artística de quen xa é un símbolo da cultura e da lingua galegas.

A peza foi escrita e está dirixida polo coñecido Lucho Penabade e, baixo xestión de Larraitz Producións Artísticas, a actividade de dinamización lingüística chegará a 13 localidades da RDL ata maio de 2016.

O Local Multiúsos do concello coruñés de Frades acolle o 5 de marzo, ás 11:30 horas, a primeira parada do espectáculo. A continuación, a peza viaxará durante os meses de marzo, abril e maio por outros doce concellos, para se despedir no Auditorio Municipal do Rosal cunha función o próximo 7 de maio ás 18:30 horas.

Ata entón, a programación de 'A Viaxe de Rosalía' desenvolverase nos concellos de Cerceda, Guitiriz, Mondariz, A Lama, Curtis, Mondoñedo, Padrón, Pontedeume, Ponteareas, Santa Comba e Vilamarín. O calendario completo está xa dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal), nas redes sociais do programa ‘FalaRedes’ e na Axenda de Cultura de Galicia.

O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’ chega á súa quinta edición con novas propostas para gozar do tempo libre en galego que se desenvolverán desde este mes e ao longo de todo o ano nos concellos da RDL.

Os obxectivos de ‘FalaRedes’ son ampliar a oferta de ocio na nosa lingua, promover o seu uso e valoración positiva, fornecer o ámbito municipal de actividades de lecer en galego e apoiar os artistas que desenvolvan o seu traballo no idioma propio de Galicia.

Ao longo das catro edicións anteriores, ‘FalaRedes’ chegou a todos os concellos que integran a RDL (que conta arestora con máis de 170 entidades adheridas), con preto de 700 actividades para público de diferentes idades.

Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información