Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La Xunta abre un acceso gratuíto en Internet al diccionario Digalego para fomentar el uso de esta lengua en sectores profesionales y el exterior

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia porá á disposición de toda a cidadanía o acceso gratuíto a Digalego.xunta.gal, un completo dicionario en liña de lingua galega que, con máis de 65.000 entradas, é unha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego. A iniciativa é posible grazas ao acordo acadado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que fixo posible que esta obra, á que a coñecida editorial lle dedicou máis de 20 anos de traballo e investigación, pase a ser propiedade da Administración autonómica.O acceso está xa dispoñible no enlace digalego.xunta.gal, así como a través do Portal da Lingua Galega www.lingua.gal.

O conselleiro, Román Rodríguez, a directora da Amtega, Mar Pereira, e o editor de Ir Indo, Bieito Ledo; presentaron o proxecto nunha rolda de prensa, na que se resaltou o carácter de servizo público desta iniciativa. Neste sentido, o titular do departamento de Cultura e Educación da Xunta de Galicia sinalou que a publicación do Digalego persegue, en primeiro lugar, ofertar o acceso a esta ferramenta aos colectivos que a necesiten para o desenvolvemento do seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos. "É dicir favorecemos a presenza do galego no tecido empresarial e profesional–dixo-, tal e como estamos comprometidos a facelo a través do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico". Román Rodríguez salientou que o Plan xa foi presentado diante do Parlamento de Galicia e que ten entre os seus obxectivos crear conciencia de que o uso do galego pode favorecer as relacións laborais, comerciais e bancarias; ou estender o uso da lingua galega nas relacións laborais, comerciais e empresariais.

Como segundo obxectivo da publicación en aberto do Digalego, o conselleiro subliñou a proxección exterior do galego e a súa difusión internacional. Neste sentido, e dado que o dicionario ofrece equivalencias en portugués, castelán, inglés, francés, italiano, chinés e alemán, facilítase que os falantes de todas esas linguas poidan aprender galego a través dun recurso gratuíto ao que se accede desde calquera punto do mundo a través da internet. "Existen centros de estudos galegos en 13 países, nos que centos de persoas estudan a lingua propia de Galicia", explicou, sinalando o amplo interese que existe polo coñecemento da nosa lingua, "que agora será máis doado a través desta ferramenta".

A directora da Amtega, Mar Pereira, destacou que o dicionario, creado por Ir Indo é excelente ferramenta, que agora a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía, mellorando este documento de consulta online tanto desde o punto de vista da accesibilidade como da usabilidade. Pereira destacou que “a presenza da Administración pública no contexto dixital e o incremento de servizos e ferramentas online e en mobilidade son parte esencial da Administración que estamos a construír, un Administración que estea máis cerca do cidadán, con servizos dixitais, sinxelos e accesibles que contribúan tamén a difundir a nosa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social”.

A directora da Amtega lembrou que a ese obxectivo sumouse o ano pasado o emprego do dominio .gal, pola Xunta de Galicia, o “apelido” galego na rede que están a incorporar todas as novas webs institucionais, un compromiso que asumiu o Goberno galego o pasado mes de maio e que se completará a finais de 2016 coa migración de todos os portais e o correo corporativo ao .gal.

O conselleiro quixo, así mesmo, salientar o esforzo que ambos departamentos están a facer para avanzar no cambio tecnolóxico en todas as áreas que quedan baixo a súa competencia. Neste sentido, lembrou que está xa en marcha a dixitalización do 100% das aulas dos 6 últimos cursos do ensino obrigatorio en centros públicos (5º e 6º Primaria e toda a ESO); e que a Amtega traballa na mellora continua da conectividade das aulas, para que se poida acceder mellor ás potencialidades que para o ensino ofrece internet.

Ademais, e xa no que atinxe aos soportes, hai en marcha varias liñas de traballo, a medio e longo prazo tales como a implantación do E-Dixgal, o libro dixital gratuíto para as familias; o crecemento Repositorio de Contidos do EspazoAbalar, ou a Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma virtual na que por primeira vez a Administración autonómica concentra todo o seu fondo editorial e pono á disposición do conxunto da cidadanía e das librarías. Asemade, trabállase no desenvolvemento de proxectos no futuro en colaboración con outras institucións ou de editoriais como Ir Indo.

Cabe salientar finalmente que, con máis de 65.000 entradas, o Digalego segue as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, e toma como base léxica o Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa).

Respecto das súas utilidades cómpre destacar que desenvolve todos os verbos coa súa conxugación, ademais de considerar como entradas todas as formas verbais, e que recolle tamén (baixo o epígrafe “Repertorio de formas incorrectas”) unha serie de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos etc.), que remiten á súa forma correcta. Tamén destaca o feito de que se poden buscar palabras partindo de entradas en portugués, castelán, inglés, alemán, francés e italiano e que mostra equivalencias neses mesmo idiomas ademais de en chinés.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información