Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Consello da Cultura Galega promueve la exposición conmemorativa del 150º aniversario del nacimiento de Valle-Inclán

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, salientou que a efeméride dos 150 anos do nacemento de Ramón María del Valle-Inclán constitúe “un marco singular e significativo para reforzar a difusión pública do seu legado”. “Por iso –dixo– desde a Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coas principais entidades vinculadas co dramaturgo, imos apoiar durante este ano unha programación especial de actividades conmemorativas que presentaremos proximamente e que se desenvolverán ao longo do ano”.

Unha das entidades que participará activamente nesta celebración será o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, onde o secretario xeral participou na inauguración da exposición ‘Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)’ esta mañá, no día no que se cumpren 40 anos da declaración de monumento histórico-artístico de carácter nacional da Torre de Bermúdez, un lugar de fonda significación valleinclaniana e sede da institución museística.

O Consello da Cultura Galega promove esta exposición, que afonda na dimensión internacional do escritor a raíz das traducións das súas obras a outras linguas. En representación da institución interviu no acto o seu presidente, Ramón Villares, xunto co alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García; a comisaria da mostra e investigadora da cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosario Mascato Rey, e o director do museo, Antonio González Millán.

As traducións da súa obra a outras linguas, realizadas en vida do autor, dan conta da súa “proxección exterior, do interese que espertou entre os seus coetáneos, en diferentes lugares do mundo, a obra atemporal e moderna dun escritor universal que mantivo unha estreita vinculación coas súas orixes galegas”, comentou Anxo Lorenzo.

A exposición do Consello da Cultura Galega permanecerá no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ata o vindeiro 10 de febreiro, logo do seu paso polo Colexio de Fonseca, sede da Biblioteca Central da USC; polo Instituto Cervantes de Lisboa, pola Academia de España en Roma, e pola Casa Museo do Cuadrante en Vilanova de Arousa, entre outros espazos.

Formada por catorce paneis que afondan na dimensión menos coñecida de Valle-Inclán, a exposición amosa o proceso de difusión da súa obra no ámbito internacional a raíz das súas traducións, derivada tanto do interese dos seus coetáneos pola súa obra como do seu proceso de intervención na difusión desta, principalmente a través das viaxes ao estranxeiro e dos contactos con intelectuais de diferentes procedencias.

Os múltiples lazos do escritor co mundo saxón (Estados Unidos e Reino Unido), con Europa (Francia, Portugal e Italia) e, tamén, cos países do Leste están presentes no proxecto expositivo sobre Valle-Inclán, cuxa obra foi traducida ao sueco, ao francés ao romanés, ao portugués, ao polaco, ao letón, ao italiano, ao islandés, ao inglés, ao húngaro, ao holandés, ao búlgaro e ao checo.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información