Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La alemana Rimini Protokoll traslada a casas particulares con teatro contemporáneo el debate sobre Europa

La Cidade da Cultura y la compañía teatral alemana Rimini Protokoll seleccionan las once viviendas en Santiago de Compostela en las que tendrá lugar esta experiencia. Los interesados en abrir su casa a Europa pueden enviar un mail la europanacasa@cidadedacultura.org.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Cidade da Cultura aposta por levar o teatro contemporáneo a casas particulares a través da performance ‘Europa na Casa’ da premiada compañía alemá Rimini Protokoll, unha das propostas estrela que se presentará na próxima edición de ‘Escenas do Cambio’, que comeza o 28 de xaneiro no Gaiás.

Co proxecto ‘Europa na Casa’, Rimini Protokoll avanza na súa idea do teatro-realidade e desta volta converte en escenario os salóns de domicilios particulares, nunha peza que vén representando por diferentes capitais europeas e na que se busca traducir a idea abstracta de Europa a escala individual, reflexionando sobre os efectos e consecuencias que este espazo político ten na vida de cada quen.

Para facelo, Rimini Protokoll está a seleccionar once casas particulares en Santiago, domicilios onde se levarán a cabo as funcións previstas no programa. Quince persoas se sentarán ao redor dun mesa sobre a que se despregará un mapa de Europa. Unha máquina formulará preguntas e retos que mudarán a relación dos asistentes con Europa. Todo acontecerá mentres un pastel se prepara no forno.

Os interesados en converterse en anfitrións ofrecendo a súa casa poderán facelo enviando un correo a europanacasa@cidadedacultura.org. Os que prefiran vivir esta experiencia como público poden mercar xa as entradas en www.escenasdocambio.org e o mesmo día da función recibirán un whatsapp e un mail no que se lles informará do punto exacto no que deben presentarse para participar. O aforo máximo por sesión é de 15 persoas.

Rimini Protokoll, liderada por Helgard Haug, Stefan Kaegi e Daniel Wetzel, leva traballando como un equipo dende o ano 2000. No foco do seu traballo está o desenvolvemento continuo das ferramentas do teatro para permitir perspectivas non usuais da nosa realidade. Europa na casa presenta unha serie de cuestións básicas sobre a participación, a autoría, a ocupación do espazo privado, e tamén sobre a hospitalidade e acollida como xesto humano fronte á barbarie. Unha lección de vida para estes tempos de migracións.

Fotografía: http://www.rimini-protokoll.de/website/de/project_6692.html#
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información