Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia impulsa los lenguajes musicales de raíz folk europea y latinoamericana con NeXo

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia forma parte do programa NeXo, impulsado polo British Council e Wales Arts International como laboratorio de creación musical colectiva para a interacción cultural entre Europa e América a través da posta en común de tradicións e linguaxes musicais de Galicia, Gales, Escocia, Arxentina e Uruguai.

Ademais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se integra no proxecto mediante a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), tamén colaboran nesta iniciativa Creative Scotland (Reino Unido) e Fundación SGAE.

A participación artística en NeXo está representada por nove músicos destes territorios, que traballarán xuntos na busca da conexión entre as músicas europeas de raíz atlántica e a música latinoamericana. Farano durante unha experiencia de convivencia creativa, que comezará esta fin de semana en Bos Aires (Arxentina), coa finalidade de inspirar novos camiños para o desenvolvemento, a visibilidade e a promoción das identidades das músicas dos dous continentes.

Os contidos e obxectivos de NeXo foron presentados esta mañá en Santiago de Compostela nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o director da SGAE-Zona Noroeste, Juan Carlos F. Fasero; e os músicos galegos implicados no programa, Xabier Díaz e Fernando Barroso, que ofreceron a interpretación en directo do tema ‘Xota de Lira’ en directo como remate do acto.

A presentación foi introducida polo director da Agadic, quen fixo mención de todas as entidades culturais internacionais presentes en NeXo, iniciativa que saudou como unha nova oportunidade de dar a coñecer e compartir a nosa música.

Na súa intervención, o secretario xeral de Cultura expresou que NeXo incide na “liña atlántica” de intercambio cultural como un dos obxectivos prioritarios da Consellería e que se estende, ademais do musical, a outros ámbitos como o audiovisual ou o editorial. “É un módulo máis dentro desta engrenaxe, que continúa a dar proxectos de interese para a difusión da cultura galega e dos seus creadores e creadoras”, engadiu.

Anxo Lorenzo manifestou tamén o seu desexo de que este proxecto poida ter continuidade no tempo, de xeito que redunde na maior visualización exterior e na internacionalización da nosa cultura.

O programa de NeXo está deseñado como un encontro e residencia artística que se desenvolverá en Bos Aires entre os próximos 28 de novembro ao 1 de decembro. Durante estes catro días, nove músicos dos cinco países crearán un repertorio que dialogará coas diversas linguaxes musicais que conforman a identidade de cada territorio. O resultado deste traballo presentarase nun espectáculo o día 21 de xaneiro no marco do célebre festival Celtic Connections, que se celebrará en Glasgow (Escocia), e o día 23 na cidade de Cardiff (Gales).

A dirección artística deste programa corre a cargo de Donald Shaw (Reino Unido), Fer Isella (Latinoamérica) e Rómulo Sanjurjo (Galicia), recoñecidos músicos e produtores. A produción xeral de NeXo é de JAU, empresa galega con sedes na Coruña e Bos Aires.

Respecto dos músicos, Galicia está representada por Fernando Barroso e Xabier Díaz. Fernando Barroso (guitarra e bouzouki) participa en numerosos proxectos do panorama folk de Galicia. Foi membro de Os Cempés e Assembly Point. Forma parte das bandas de Budiño e Riobó e ten producido diferentes traballos, tanto en solitario como co portugués Luis Peixoto, como ‘Pop’ e ‘Trim’, moi recoñecidos pola crítica en España e Portugal. Actualmente ultima un novo disco en solitario.

Pola súa banda, Xabier Díaz (voz e percusión tradicional) compaxina a súa faceta de músico coa investigación do folclore galego. Foi cantante en Nova Galega de Danza e formou parte do grupo Berrogüeto, co que obtivo varios premios. Acaba de presentar ‘The Tambourine Man’, un proxecto moi ambicioso de fusión de tradición e vangarda, con doce cantoras e percusionistas e un set de acordeón e zanfona.

Os músicos dos demais territorios son tamén destacados representantes da música tradicional e de fusión nos seus respectivos contornos culturais. Desde Arxentina participan Fabián Martin (baixo) e María Elía (voz e piano). Por parte de Escocia integran NeXo Finlay MacDonald (gaita e frautas) e Megan Henderson (voz e violín). Desde Uruguai incorporarase Fabián Miodownik (percusión) e representando a Gales, Jordan Williams (voz e frautas) e Gwilym Rhys (voz, guitarra e mandolina).

Ademais da calidade dos compositores e intérpretes que conforman o elenco de artistas, destaca a variedade de estilos e instrumentos, garantindo así a coordinación entre os músicos, a súa complementariedade e a máxima excelencia no resultado final.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información