Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Josema Yuste, Felisuco e Diana Lázaro presentan el espectáculo ‘Taxi" en Compostela

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

A adaptación feita por Josema Yuste e Alberto Papa-Fragomén da obra de Ray Cooney, Taxi, chegará a Compostela o venres 30 de outubro dentro da programación Teatro 2015 da Concellaría de Acción Cultural. As entradas teñen un prezo de 22 € no patio de butacas A e anfiteatro 1; 20 € no patio de butacas B e 18 € no anfiteatro 2. Poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e días do evento), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.

Por dúas mulleres… sempre á carreira… O protagonista, taxista de profesión, está casado con dúas mulleres e vive con cada unha nun barrio diferente. Isto obrígao a levar unha planificación de horarios moi estrita e a facer verdadeiros xogos malabares para contentar a ambas. Está namorado das dúas e non quere perder ningunha.

Todo o seu plan vénse abaixo cando acaba por accidente no hospital e o seu nome aparece por partida dobre na comisaría de cada distrito e comeza o enredo. A máis exitosa comedia de Ray Cooney, Run for your wife, estreouse no West End londiniense en 1983 e permaneceu en cartel durante 12 anos interpretada polos máis populares cómicos británicos. Saltou a Broadway e contabilízanse máis de 500 producións en todo o mundo en máis de 30 linguas.

"Déixense seducir e crean no incrible desta historia, sen esquecer nunca que o incrible non supera moitas veces a realidade. Por iso Taxi é un vodevil realmente incrible… ou non…?" (Josema Yuste).

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información