Homo ludens, el proyecto de Miguel Benjumea y Román Corbato, elegido para intervenir artísticamente las Torres Hejduk

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de elixir o proxecto "Homo ludens" de Miguel Benjumea e Román Corbato como gañador da III Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e aberto a todos os participantes no V Encontro de Artistas Novos que, desde hai cinco anos, ten lugar na Cidade da Cultura de Galicia todos os meses de setembro.
Miguel Benjumea e Román Corbato converterán as Torres Hejduk nunha nova paisaxe dedicada ao lecer a través dunha ‘site specific’ na que xogan con dous elementos clave: plástico e aire. Deste xeito, a través dunha arquitectura efémera baseada en dúas instalacións hinchables, ‘Homo ludens’ converterá un espazo arquitectónico nun punto de encontro e socialización. Esta nova intervención nas Hejduk abrirase ao público o 3 de decembro e permanecerá exposta durante tres meses con entrada de balde.
Con esta convocatoria, á que este ano se presentaron un total de 11 proxectos –cinco deles colectivos-, as Torres Hejduk seguen a funcionar como un espazo expositivo non convencional, acollendo proxectos de artistas emerxentes. As torres, deseñadas por John Hejduk como un invernadoiro vertical para o parque compostelán de Belvís e posteriormente incorporadas por Peter Eisenman ao proxecto da Cidade da Cultura, téñense convertido nunha das iconas do Gaiás pola súa forza arquitectónica e a súa visibilidade.
O proxecto de Miguel Benjumea e Román Carbato foi elexido por un xurado integrado polo director do Encontro de Artistas Novos, Rafael Doctor Roncero, e o Departamento de Acción Cultural da Cidade da Cultura coa súa directora, María Pereira Otero, ao fronte. O xurado destacou a orixinalidade da proposta, así como a novidade dos conceptos tratados.
Con ‘Homo Ludens’, as Torres Hejduk transfórmanse nun lugar de xogo e entretemento. A través desta instalación ‘site specific’, Miguel Benjumea e Ramón Corbato buscan facer deste espazo do Gaiás un lugar máis humano e habitable, na que se fai indispensable a participación do espectador.
A través de dous conceptos básicos –plástico e aire-, os dous artistas indagan sobre o potencial socializador dos xogos para responder á necesidade social dun espazo colectivo. Partindo da dualidade das propias torres, Miguel Benjumea e Román Corbato idean unha arquitectura efémera -baseada en dúas instalación hinchables- coa que recrear unha nova paisaxe, dando lugar a un novo espazo de encontro e socialización. Unha peza que será vista desde a praza da Cidade da Cultura e chamará a atención sobre o espectador.
Así, a torre de vidro transfórmase nunha paisaxe natural á que chegamos a través dunha topografía de cor vermella que se agrupa como intersección de capas xeolóxicas. Na torre de cemento, pola súa banda, atopamos unha topografía máis abrupta e montañosa, co obxectivo de establecer un diálogo co exterior.
Dous espazos que abandonan a súa frialdade xeométrica e convida a descalzarse, saltar e iniciar unha travesía lúdica nun escenario de vivencias e experiencias.
Homo Ludens xorde da combinación de dous artistas procedentes de diferentes disciplinas que levan anos investigando ao redor de conceptos como paisaxe, territorio e xeografía.

Román Corbato (Xixón, 1980) é, pola súa banda, é arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e ten un máster pola Universidade de Vigo en Arte Contemporánea. O seu traballo de investigación céntrase na paisaxe e o territorio, tocando temas como o pintoresco e a natureza. A combinación de traballos escultóricos no taller, con intervencións no exterior fai que o proceso de execución vaia adquirindo un valor crucial no traballo de creación, ao igual que o propio lugar onde se realiza. Esta unión é o que permite establecer unha relación de convivencia e coñecemento da paisaxe como construtor cultural.
‘Homo Ludens’ será a terceira intervención artística deseñada para as Torres Hejduk por participantes no Encontro de Artistas Novos. Da primeira convocatoria, realizada en 2013, saiu o proxecto ‘En ningún lugar’, obra de Juan Cañamero, Iago Eireos, Miguel Ángel Moreno Carretero, Ana Esteve Reig, Alejandro Ramírez e Pablo Martínez Muñiz, comisariados por Carlos Delgado Mayordomo. No 2014, a idea gañadora foi a de Félix Fernández que en ‘Subtextos dun patrón de mantemento’ exploraba o concepto do indesexable.
Polas Torres Hejduk pasaron tamén as intervencións de artistas recoñecidos como Pamen Pereira, Ramón Conde, Alejandra Sampedro ou Ana Soler.
Fotografías: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.