La exposición La Colmena, historia dunhas páxinas zarandeadas presenta los secretos de la novela de Cela

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amosa na Fundación Pública Galega Camilo José Cela os segredos da obra máis celebrada no único galego Premio Nobel de Literatura a través da mostra La colmena. Historia dunhas páxinas zarandeadas. A exposición, que pode visitarse ata o 31 de decembro, ofrece un relato das dificultades sufridas desde que o autor rematara de escribir a primeira redacción da novela –en 1945 ata a súa publicación en 1951 na capital arxentina por Emecé.
Co gallo do 70 aniversario da primeira redacción da obra, as instalacións da Fundación en Iria Flavia amosarán ao visitante máis de 100 pezas pertencentes ao fondo documental, bibliográfico e artístico da propia entidade. Entre eles cómpre salientar os 4 volumes do manuscrito orixinal da novela e as sucesivas variantes ata 1951. Así mesmo, pódense contemplar varias edicións significativas e un conxunto de ensaios e teses que analizan a aclamada novela, seleccionada polos lectores da revista literaria Leer en 2005 como “a mellor novela española do século XX”.
A mostra complétase coa correspondencia mantida por Cela coa editorial Emecé, a documentación da censura, e mesmo a mesa de café sobre a que o autor redactou a última versión de ‘La Colmena’ en 1948. Estes materiais compleméntanse cunha serie de achegas que completan o relato expositivo como documentación sobre a recepción da novela na prensa ou a expulsión de Cela da Asociación da Prensa de Madrid que, baixo o pretexto de “conduta pouco profesional”, castigou ao escritor.
A exposición está organizada en colaboración coa Biblioteca Nacional de España, que remitiu copia dixital do manuscrito do ano 1946, con anotacións da censura da época el manuscrito da novela.
A mostra que se abre ao público non esquece a versión cinematográfica da novela, unha obra de Mario Camus estreada no 1982 e galardoada co prestixioso Oso de Ouro do festival de Berlín no 1983. O cartel do filme, o guión cinematográfico, fotografías dos autores e o citado galardón son o marco perfecto para a visualización do cameo que o propio Cela realizou nesta fita son algúns dos materiais que se poden ver na sala expositiva.
A exposición estará aberta ao público de martes a sábados, de 10 a 14 horas e de 16 a 19horas. Ademais ofrécense visitas dinamizadas para escolares que se poderán apuntar no teléfono da Fundación 981-812425 ou no enderezo electrónico visitas@fundacioncela.com.
R.