Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) impulsa Firma e Filme para fomentar la adaptación audiovisual de obras literarias

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer en marcha o programa Firma e Filme, que ten por obxectivo promover a adaptación audiovisual de obras da literatura galega. A iniciativa, que comeza cunha convocatoria dirixida á participación de empresas audiovisuais e editoriais, conta coa colaboración da Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e da AGE (Asociación Galega de Editores).

Firma e Filme nace para a posta en valor de dous eidos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que contribúa a estudar as posibilidades de adaptación das obras literarias galegas ao noso audiovisual. Para isto, o primeiro paso é a compilación de información, tanto da oferta editorial como dos intereses e proxectos actuais demandados polas produtoras, para o que os interesados teñen de prazo ata o 18 de xuño para remitir ao enderezo audiovisual.agadic@xunta.es as fichas normalizadas que se poden descargar do web da Agadic.

As editoriais deberán cumprimentar unha solicitude por cada título proposto, susceptible de adaptación cinematográfica, indicando o xénero no que se insire entre un total de 14 preestablecidos; o grupo de público potencial ao que se dirixe (infantil, xuvenil, adulto ou familiar), e o formato proposto para a súa versión audiovisual: longametraxe ou curtametraxe (de ficción, documentais ou de animación), serie, TV-movie, experimental, proxecto multimedia, videoxogo, webserie etc.

Pola súa banda, as produtoras han de sinalar, no momento de se inscribir, o formato no que teñen interese en realizar as adaptacións, os xéneros preferentes (animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romántica, suspense, terror, thriller, western...) e mais o grupo de espectadores ao que queren dirixirse.

Cos datos recibidos, iniciarase unha fase de análise e informe para intercambiar impresións entre as partes e cara á organización dunha axenda final de reunións bilaterais executivas, que se desenvolverán en Pontevedra no mes de decembro no marco de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información