Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Google homaneja a Rosalía de Castro en el 178º aniversario de su nacimiento y la Xunta aboga por el uso diario del gallego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reclamou o uso da lingua galega en todos os ámbitos durante o acto central do 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Unha conmemoración celebrada cunha ofrenda floral diante do busto da poetisa no Paseo da Alameda compostelá. Ademais durante a celebración desta efeméride os alumnos do instituto santiagués que leva o nome da escritora leron os seus poemas e se interpretou o Himno de Galicia. Deste xeito a Consellería apoia esta homenaxe á ilustre autora neste día, declarado oficialmente como Día de Rosalía de Castro.

Durante a súa intervención nesta xornada o titular de Cultura e Educación subliñou que a obra rosaliana supuxo “o nacemento dun novo tempo para a lingua e a literatura de Galicia, xa que serviu para dignificar un idioma que ata daquela raramente excedera as temáticas humorística e costumista. Hoxe -engadiu- somos herdeiros do esforzo de moitas xeracións por poñer o noso idioma no lugar que merece e somos continuadores desa cadea”.

Noutro momento do seu discurso Román Rodríguez afirmou que “ o compromiso coa lingua pasa polo seu uso cotiá e para esta tarefa contamos coa poboación mellor formada de toda a historia, xa que nunca antes tanta xente recibira formación de e en galego”. Para rematar, Rodríguez González gabou “a iniciativa dos nosos escritores actuais que animan a toda a sociedade galega a celebrar este día”, para o que o departamento que dirixe “insta á sociedade á promoción da lingua e da cultura galegas xa que todos somos partícipes da súa importancia”

No acto tamén estiveron presentes os alcaldes de Santiago e Padrón, Agustín Hernández e Antonio Fernández, respectivamente, ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información