Pablo Larraín, director de la mítima película NO, estrena Acceso en la Cidade da Cultura de Galicia

A Cidade da Cultura acolle o venres 13 de febreiro a estrea en Europa de ‘Acceso’, obra do chileno Pablo Larraín, director da mítica película ‘NO’ e que en febreiro forma parte da competencia oficial na Berlinale coa súa última cinta ‘El club’. No marco do festival ‘Escenas do cambio’, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Larraín presenta unha historia dura protagonizada por Roberto Farías, recoñecido como un dos máis grandes actores de América latina.
‘Acceso’ representarase o venres e o sábado ás 20:30 horas na Sala I do Museo Centro Gaiás con Sandokan, vendedor ambulante nun bus do Transantiago, como protagonista. Larraín preséntanos a un gladiador urbano que rebela sinais profundos dun lugar de vida, dor e goce, acompañado dunha linguaxe lumpen, atroz e poética á vez. Cos abusos sexuais como trasfondo, ‘Acceso’ é unha peza difícil e atrainte creada e interpretada en xerga ‘coa’, variante chilena do castelán.
A xornada comeza as 17 horas, coa segunda función de ‘La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental’, de Oligor e Microscopía, unha poética homenaxe ao obxecto-carta e ao correo postal.
E ás 18:30 horas, ‘Mis Documentos’, o ciclo de conferencias performativas comisariado pola arxentina Lola Arias, terá como protagonistas a dous artistas galegos: Diego Anido e Uxía P. Vaello. Deste xeito, Diego Anido sacará a relucir extranos segredos familiares en ‘La piel de mi familia’, mentres que a coreógrafa Uxía P. Vaello tratará de descubrir por que o seu avó José Vaello, un republicano atípico, estivo detido na Illa de San Simón.
‘Escenas do cambio’ arrancou o xoves 12 de febreiro coa segunda semana de programación coa mexicana ‘La Máquina de la soledad. Teatro de objetos documental’ e ‘Mis documentos Bos Aires’. Nesta última, que supón a estrea en Europa deste proxecto da arxentina Lola Arias, as protagonistas serán Sofía Medicci con ‘Traducción simultánea’, onde nos ofrecerá o proceso de investigación para relizar unha performance e as ideas erradas en relación a súa representación; e Tálata Rodríguez con ‘Padre postal’, onde reflexiona sobre a relación co seu pai a través da relación epistolar mantida entre 1989 e 2002.
A última das propostas foi a italiana ‘UNTITLED_I will be there when you die’ de Alessandro Sciarrioni, unha práctica coreográfica e performativa sobre o paso do tempo que nace dunha reflexión sobre a arte dos malabares. A obra representa o segundo capítulo dun proxecto máis amplo hamado ‘Will you still love me tomorrow?’, unha investigación sobre os conceptos de tensión, perseverancia e resistencia.
As entradas para todas as funcións do festival están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e www.servinova.com a un prezo de 8 euros, a excepción das función de ‘Mis Documentos’, que teñen entrada de balde previa retirada de invitación no mostrador do Museo Centro Gaiás (máximo 2 por persoa).
‘Escenas do cambio’ ofrece tamén a alternativa 4x3 (asiste a catro funcións e paga tres) por 24€. Esta última opción só está dispoñible a través do teléfono de servinova 902 504 500.
Fotografía: http://vivea.gal
R.