Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La marcha en defensa del uso gallego rechaza la política lingüística de la Xunta de Galicia

Nota de prensa de Queremos Galego:

Miles de persoas e colectivos representativos da ampla diversidade social que defende a lingua galega mostraron por diferentes medios o seu apoio á convocatoria da plataforma cidadá Queremos Galego de manifestación do domingo 8 de febreiro en Santiago de Compostela. Entre os que deron o seu apoio á marcha que partiu desde a Alameda compostelá están os actores e actrices Ricardo de Barreiro, Quico Cadaval, Pepe Penabade, Laura Ponte, Lucho Penabade, Pepe Penabade, Isabel Risco, Teresa Rodríguez e Iria Sobrado.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG participou na manifestación en defensa do galego convocada pola plataforma Queremos Galego baixo o lema “Polas fillas dos nosos fillos” celebrada en Santiago, para defender a supervivencia e a normalidade “dun idioma milenario e de cultura”, en palabras do portavoz nacional, Xavier Vence, que encabezaba a ampla representación do Bloque.

Vence lamentou a falla de apoio das institucións para o idioma que é de todos e todas, “con independencia de ideoloxía ou cor política”, animou a sentir orgullo dunha lingua “que forma parte da construción do noso pobo” e convidou a desfrutar “das súas creacións artísticas, para que siga a ser un idioma vivo e a mellor expresión deste país”.

“Temos dereito a que o noso idioma siga vivo e non sexa desprezado polas institucións estatais, autonómicas que renegan da defensa dun dos nosos sinais de identidade”, e criticou a política lingüística do PP. “Non aproveitou o autogoberno para defender o idioma, o autogoberno debe ser un dos principais valedores e axentes de prestixio do idioma e, hoxe por hoxe, non vemos ese compromiso na Xunta, ni no presidente nin no seu goberno”.

O portavoz do Bloque deixo claro que defender e reivindicar a lingua propia do país “non é politizalo”, por contra, politizan o idioma quen lexisla en contra del.

“O idioma é a expresión máis xenuína dun pobo porque é o seu vehículo de comunicación, os únicos que politizan o idioma son os que lexislan en contra del, os que fan leis para acortar os espazos de uso do idioma, os que fan leis que en lugar de promover o uso do idioma levantan barreiras e dificultades e emiten mensaxes negativas da nosa lingua”, argumentou.

“Reivindicar o idioma non é politizalo, senón reivindicar a normalidade dunha das mellores aportacións deste pobo á humanidade”, concluíu.

Fotografía: http://www.queremosgalego.org
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información