Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Gallaecia Big Band y Las Brownies llenan de swing el Salón Teatro de Compostela

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro da Consellería de Cultura e Educación será o escenario o venres día 23, ás 21.30 horas, dun espectáculo musical no que a Gallaecia Big Band acompaña o trío vocal feminino Las Brownies. Este concerto especial rememorá o swing dos anos trinta e corenta, recuperando o espírito e a elegancia característicos dese estilo e desa época.

Baixo a a dirección de Cristian Leggiero, a “Gallaecia Big Band” regresa así ao Salón Teatro, onde xa actuou en maio de 2014 no que foi o debut nos escenarios desta formación orquestral, nacida ao abeiro do programa da TVG ‘Heicho cantar’. Desta volta, preséntanse por vez primeira xunto a Las Brownies cun total de 12 músicos: tres da sección rítmica e nove de vento-metal.

Pola súa banda, Paula Romero, Paty Lesta e Carla Green integran un novo trío vocal, que iniciou recentemente a súa aventura musical da man de Ramón Bermejo como artífice e encargado dos arranxos musicais. O jazz e o swing son a base do seu repertorio, no que teñen como referentes nomes míticos como Duke Ellington ou The Miracles.

As entradas para este concerto poden mercarse a un prezo de 10 euros a través da páxina web entradas.abanca.com ou na billeteira do Teatro Principal (Rúa Nova, 22), aberta de 18.00 a 21.00 horas. No despacho de billetes do Salón Teatro, estarán á venda o mesmo venres a partir das 19.30 horas.

A oferta musical na sede do Centro Dramático Galego continuará este mesmo mes coa presentación o día 29 do novo proxecto en solitario de Brais Morán, coñecido como cantante e guitarrista da banda galega de funk Loretta Martin. Ademais, Xavier Varela protagonizará dous monólogos os días o 5 e 6 de febreiro, para os que contará tamén con música en directo.

R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información