Raclette, de Santiago Cortegoso, gana el XXII Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrales

En el caso del VIII Premio Manuel María, el galardón ha sido en Antón Cortizas, por su obra Xogando con Gatos. Por su parte, el XI Barriga Verde de teatro para títeres ha sido para Andrea Bayer en la modalidad juvenil, con O lobo e a lúa; y para Xavier Lama, en la modalidad para adultos, con Ela, piedade dos suicidas.
Estos premios comparten como objetivo servir como "estímulo" para la creación literaria dramática en Galicia, impulsar su proyección social y contribuir a crear un 'corpus' de obras dramáticas en la Comunidad, ha destacado el director de la Agadic, Jacobo Sutil. Además de una dotación económica de 6.000 euros para cada premio y modalidad, las bases contemplan la posibilidad de que las obras ganadoras sean publicadas dentro de las colecciones de literatura dramática que la consellería apoya en distintas editoriales.
El jurado seleccionó a estos cuatro ganadores entre los 69 originales recibidos, 28 en el caso del Álvaro Cunqueiro, 17 para el Manuel María, 12 en la modalidad de adultos del Barriga Verde y otros 12 para la modalidad infantil de este último galardón.
En el caso de 'Raclette', el jurado ha destacado su "solidez" dramática, así como su "sutil equilibrio" entre la ironía y el humor corrosivo, por una parte, y el dramatismo "sabiamente dosificado" con el que se transmite la realidad narrada. Santiago Cortegoso "pone el dedo en la llaga" en algunos de los problemas de la sociedad actual, como la incomunicación o la sobreprotección, y habla de temas universales, como la muerte, la pareja, la maternidad o la violencia. Al igual que en una "raclette" -modo comunitario de comer inventado por los pastores suizos-, en esta obra cinco personajes sentados en una mesa "componen un complejo mosaico humano" que "refleja las contradicciones de una sociedad enferma que devora a sus integrantes", según el autor.
El profesor Antón Cortizas, uno de los escritores más premiados y traducidos de la literatura infantil y juvenil gallega, articula en 'Xogando con gatos' una trama relacionada con el juego infantil, en la que se denuncia como los juegos tecnológicos "condenan al niño a la soledad" y se reivindican las "formas de juego en libertad" tradicionales. El jurado ha destacado, además, de esta pieza, su "riqueza" en lenguajes escénicos, con presencia de música, danza, mimo, marionetas y teatro de sombras, que "constituye un magnífico material para un trabajo multidisciplinar en las escuelas".
En el caso de los premios Barriga Verde, la modalidad de obra dramática infantil ha reconocido la pieza 'O lobo e a lúa', de Andrea Bayer, una historia que adapta las claves de la intriga y del suspense al imaginario de los más pequeños. De ella, el jurado reconoce una "innegable voluntad escénica", con "imágenes sugestivas y precisas" y juegos "dinámicos y bien incluidos" en la situación dramática, que se adapta a la franja de edad a la que va dirigida y se adecua a la "singularidad del arte de los títeres". El Barriga Verde en la modalidad de adultos ha ido para Xavier Lama y Ela, piedade dos suicidas, una nueva visita al viejo mito griego de Orfeo y Eurídice que presenta una "voluntad transgresora" y una original "mezcla de géneros", reconoce el jurado.
El secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ha destacado la importancia que tienen este tipo de premios para apoyar la escritura de textos para teatro en Galicia y ha señalado que las obras premiadas evidencian la "variedad en la escritura dramática" que existe en la Comunidad. Lorenzo ha apostado por dar, a través de este tipo de galardones, una imagen pública de la literatura dramática gallega y reconocer la "labor" de los autores. "Quien está realmente ganando con estos premios es la literatura gallega".
Durante el acto de recogida de los galardones, Xavier Lama ha llamado la atención sobre la necesidad de "visibilizar" los textos teatrales gallegos en el momento actual de crisis, especialmente en el ámbito de la cultura. Por su parte, Santiago Cortegoso ha reclamado que se convoquen este tipo de premios con mayor asiduidad, tras recordar lo "difícil" que es actualmente "levantar proyectos". Cortegoso ha incidido en que existen otro tipo de métodos para apoyar el teatro gallego y la escritura dramática, como es el caso de las becas, las residencias artísticas o los incentivos a la escritura y representación del teatro gallego. "Es la única manera de que el teatro gallego tenga una identidad propia".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Os nomes dos catro gañadores foron desvelados polo dramaturgo e director teatral Roberto Salgueiro, presidente do xurado da edición 2014 destes tres galardóns de literatura dramática, que Cultura e Educación convoca a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiu este acto de comunicación e entrega dos premios que contou tamén coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil, e dos catro autores galardoados.
“O sistema literario galego sae reforzado en cada nova edición destes premios literarios”, afirmou o secretario xeral, que se referiu aos galardóns como “unha iniciativa de referencia na promoción e consolidación da nosa literatura dramática actual, arredor da cal se congregan numerosas propostas innovadoras e nomes que veñen expresando a súa forza como figuras destacadas da nosa creatividade”. Anxo Lorenzo tamén se amosou convencido de que as obras gañadoras serán referentes na estética, na percepción e na concepción da literatura dramática, ao tempo que servirán de estímulo para o gusto do público lector e para abrir novas posibilidades de proxección escénica.
O director da Agadic destacou que estes recoñecementos comparten como obxectivo incentivar a escrita teatral en Galicia “como xeito de enriquecer os escenarios con montaxes producidas a partir de propostas textuais galegas, orixinais e contemporáneas”, así como impulsar a súa posta en valor e proxección social. Neste sentido, ademais dunha dotación económica de 6.000 euros para cada premio e modalidade, as bases contemplan a posibilidade de que as obras gañadoras sexan publicadas dentro das coleccións de literatura dramática que a Consellería mantén en colaboración con varias editoriais galegas.
O xurado, do que tamén formaron parte como vogais Xosé Manuel Fernández Castro, Inacio Vilariño, Dani Salgado, Artur Trillo e Dolores Vilavedra, seleccionou os catro textos vencedores entre os 69 orixinais recibidos: 28 para o Álvaro Cunqueiro, 17 para o Manuel María, 12 para a modalidade de teatro para adultos do Barriga Verde e outros 12 para a modalidade de teatro para rapaces deste último galardón.
No caso de ‘Raclette’, o texto vencedor do Álvaro Cunqueiro, a decisión do tribunal baseouse tanto na solidez da súa estrutura dramática, cun logrado equilibrio entre a ironía e o humor, como no “sabiamente dosificado” dramatismo co que transmite a realidade narrada. Partindo do concepto orixinal da ‘raclette’ como a comida en comunidade ideada polos pastores suízos para escorrentaren o frío e a soidade, Santiago Cortegoso preséntanos aquí un mosaico de cinco personaxes arredor dunha cea, a modo de ‘raclette’ urbana e contemporánea. En palabras do seu autor, os seus cinco universos “reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora os seus integrantes”, chamando a atención sobre problemas como a hipercompetitividade, a incomunicación ou a sobreprotección.
Autor, director de escena e dramaturgo, Santiago Cortegoso suma este premio á súa xa ampla nómina de recoñecementos como autor de textos teatrais, que foron levados a escena tanto pola súa compañía, Ibuprofeno Teatro, como por outras formacións galegas. Pola súa banda, Antón Cortizas, mestre de profesión e gañador desta oitava edición do Manuel María, é un dos escritores máis premiados e traducidos da literatura infantil e xuvenil galega.
De ‘Xogando con gatos’, o xurado destaca como a obra enfía o rico acervo popular de transmisión oral no que o protagonista é un gato (cancións, contos, adiviñas, lengalengas...) nunha trama que pon de manifesto a desaparición gradual de toda esa literatura relacionada co xogo e coa vida social da infancia. Sobresae, así mesmo, a rica teatralidade deste texto, na que teñen cabida o musical, a danza, o mimo, as marionetas e o teatro de sombras, de xeito que –tal e como expón o ditame do premio– constitúe un magnífico material para un traballo multidisciplinar nas escolas, así como para un espectáculo escénico de gran formato.
A actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer conseguiu o Barriga Verde na modalidade de teatro para rapaces con ‘O lobo e a lúa’, unha historia que adapta as chaves da intriga e do suspense ao imaxinario dos máis pequenos. Segundo a propia autora, trátase dunha “peza teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes –Nina, a tartaruga; Duarte, o elefante, e Miñao, un gato malhumorado– conviven a pesar das súas diferenzas”. Trátase dunha historia de amizade, superación dos propios medos e amor, na que ninguén é tan bo como aparenta, nin tan malo como parece.
Así mesmo, dela subliña o xurado a súa “innegable vontade escénica”, na que se reflicte a experiencia da súa autora á fronte da súa compañía Baobab Teatro e doutras formacións anteriores: “imaxes suxestivas e precisas, xogos dinámicos ben inseridos na situación dramática, personaxes de caracterización definida e unha temática axeitada para a franxa de idade á que vai dirixida a peza”.
Tamén destaca o tribunal as posibilidades escénicas de ‘Ela, piedade dos suicidas’, a obra coa que o xornalista e escritor Xavier Lama obtivo o XI Barriga Verde de textos para monicreques na modalidade de teatro para adultos. De acordo coa súa valoración, esta peza contén as claves dun proxecto escénico moi ambicioso, conseguido mediante o recurso aos obxectos, ademais dunha elevada calidade lírica dos personaxes, que “dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe”.
O seu autor, quen en 2010 foi recoñecido co Manuel María de literatura dramática infantil por ‘Os reloxos preguiceiros de Néboa’, define este novo texto como “unha historia órfica de descenso aos infernos na procura da muller idealizada” cuxo protagonista é un trasunto de Orfeo na procura do amor ou dun “espellismo do amor”. Segundo se recolle na acta, o autor materializa aquí “aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes de Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no seu contorno”.
R.