Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mulleres século XX. Luces e sombras, acerca en varias instantáneas las condiciones de vida y de trabajo de las mujeres entre los años 30 y 80

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura a exposición itinerante ‘Mulleres século XX. Luces e sombras’, que se poderá visitar desde hoxe e ata o 25 de outubro na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.

Co obxectivo de difundir o patrimonio documental custodiado nos arquivos de xestión autonómica, a Consellería pon en valor o papel da muller galega a través desta exposición itinerante, organizada en 2013 polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que mostra en imaxes as condicións de vida, traballo e participación da muller galega ao longo dos anos 30 e 80 do século XX.

O traballo e a participación na vida social de campesiñas, obreiras, mestras, costureiras, nais, etc. están representados nesta exposición, que lle dá visibilidade ao esforzo continuado das mulleres galegas. As imaxes acompáñanse de textos de autoras clásicas como Concepción Arenal, e historiadoras como Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García e apóianse nunha pequena escolma de publicacións sobre as mulleres.

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 25 de outubro en horario, de luns a venres, de 9 a 21 horas e o sábado, de 10 a 14 horas.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información