Aumenta un 10% la cifra de visitantes a la Ciudad de la Cultura en 2013

Se "cumplirían los objetivos marcados" para el periodo 2015-2020 de alcanzar los "500.000 visitantes" por año, dijo el conselleiro. Jesús Vázquez ha subrayado que el objetivo "no es incrementar visitantes", sino también los participantes en las actividades organizadas. El conselleiro de Cultura ha incidido en que su departamento persigue hacer "rentables" las inmediaciones del Gaiás en todos los ámbitos. Por ello, ha incidido en que se intenta que "la oferta de actividades vaya acompañada por una respuesta por parte del público". En este sentido, ha destacado que los talleres dedicados a niños agotan sus plazas por su alta demanda "enseguida". Pero el objetivo para este año será "atraer mayor número de públicos".
La Memoria de actividades de cultura da Xunta de Galicia 2013 fue valorada por el conselleiro como un "ejercicio de transparencia razonable" que permite conocer las actividades, iniciativas y programación concreta promovidas desde la administración. Asimismo, ha apuntado que la consellería busca promover una "cultura intrusiva y participativa" a la vez que trata de "aumentar" su consumo entre la sociedad gallega.
Entre las líneas de actuación recogidas en esta memoria, destacan las medidas de colaboración y apoyo a fundaciones culturales, así como la participación de la Consellería de Cultura en actividades de promoción y difusión del turismo cultural con el Camino de Santiago. El responsable de Cultura ha destacado la Illa de San Simón como lugar "privilegiado" para la creación, con iniciativas innovadoras como #Nethinking, o la organización de actividades formativas a lo largo del año. En lo que se refiere a la Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), el conselleiro ha destacado las diversas ayudas a festivales de artes escénicas y musicales, o la programación de ciclos diversos como 'Danza3' o 'Folclore na rúa' llevados a cabo desde este departamento.
También asistieron al acto de presentación de esta memoria, el secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; la directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua; la directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; y el director de la Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou en rolda de prensa a ‘Memoria de actividades de Cultura da Xunta de Galicia 2013’, na que se dá conta do traballo realizado durante este ano no ámbito transversal da cultura desde o Goberno galego. Trátase dunha publicación que permite coñecer as iniciativas, actividades e programación concreta promovida, impulsada ou participada pola Xunta de Galicia.
O conselleiro, que explicou que a edición desta memoria “responde a un modo de xestionar a cultura desde o eido público o máis transparente e razoado posible”. Estivo acompañado no acto informativo polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua; a directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño; e o director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil Nesta.
Na presentación, Vázquez Abad incidiu na necesidade de promover “unha cultura inclusiva, participativa e accesible; fomentando equilibradamente o consumo e a participación cultural dos galegos e galegas, e mellorando, na medida do posible, a súa calidade de vida, en colaboración cos múltiples axentes culturais, creadores e institucións activas que traballan en prol da cultura de nós.”
A ‘Memoria’ ofrece o relato das liñas de actuación da Xunta de Galicia no ámbito cultural estruturadas en dez capítulos nos que se abordan as estratexias e actuacións destacadas do último ano nos ámbitos do libro e da lectura; dos arquivos; da salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural; das políticas de apoio á creatividade no conxunto da nosa sociedade; das novas liñas de traballo conxunto entre os espazos formativos e os centros de produción cultural; e do apoio á creación, distribución, difusión e internacionalización dos distintos sectores profesionais das nosas industrias culturais e creativas.
Ademais, o documento dispénsalle tamén un lugar destacado aos principais centros públicos de programación e xestión dependentes da Consellería de Cultura e Educación e inclúe como anexos a estrutura da Consellería e a relación das convocatorias realizadas polo departamento de Cultura e Educación con cargo aos orzamentos de 2013, nas que se pode ver dun xeito sintético cales son as liñas de axuda pública no ámbito cultural da Xunta de Galicia.
O conselleiro de Cultura e Educación realizou un percorrido detallado dos distintos ámbitos presentes na memoria, comezando pola difusión cultural e concluíndo coas accións estratéxicas para a internacionalización e proxección da cultura galega no exterior.
No eido da difusión cultural, Vázquez Abad, expuxo as medidas de colaboración e apoio á programación de fundacións, asociacións e institucións culturais; os programas de formación de novos públicos, os premios e certames “para fomentar e recoñecer –dixo o conselleiro– a creatividade nos eidos literarios, científico, das artes plásticas e do audiovisual que convocamos ou nos que colaboramos; as conmemoracións culturais”; as medidas para difusión da música e das artes escénicas; iniciativas levadas a cabo que integran formación artística e difusión cultural; e as actividades destinadas a favorecer un tempo de lecer en lingua galega, especialmente entre os máis novos.
Vázquez Abad destacou tamén un aspecto “como é o da integración da diversidade de actores culturais e de públicos con iniciativas como ‘Artes pola integración’ ou ‘Arte e solidaridade’, así como os programas de voluntariado cultural, ou aqueloutros centrados na participación dos máis novos e dos nosos maiores, como son ‘Xuventude Crea’ ou ‘Cores con palabras.’”
O conselleiro continuou a súa intervención presentando o traballo realizado tanto na promoción do libro como nas bibliotecas, arquivos e museos “institucións culturais básicas na conservación e difusión do saber –en palabras de Vázquez Abad− que, adaptadas aos novos tempos, cumpren un papel fundamental para o noso progreso en aspectos que van máis aló do propiamente cultural.” Expuxo a actividade levada a cabo dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia, no Sistema arquivístico de Galicia e nos Museos dedicados á difusión das artes plásticas.
No tocante ás Industrias Culturais e ás actuacións da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), o conselleiro explicou as axudas públicas ao fomento da actividade escénica mediante a produción de espectáculos, ao funcionamento das salas privadas de exhibición e á distribución interior e exterior; as políticas de fomento da programación musical e escénica, a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Salas, a Rede Galega de Música ao Vivo, así como de diversas axudas a festivais de artes escénicas e musicais ou da programación de ciclos para públicos diversos como “Danza3. Folclore na rúa”.
Asemade, a través da AGADIC, a Xunta de Galicia colabora con outras entidades e iniciativas, como o Festival de Ópera da Coruña ou o Certame Galego de Bandas de Música, para a difusión da actividade escénica e musical. Unha liña de traballo que inclúe o recoñecemento creativo a través da colaboración con premios como os Premios Galegos da Música Martín Códax ou os Premios María Casares. Tamén se apoian eventos estratéxicos como á Feira Galega das Industrias Culturais. Culturgal 2013 e lévanse adiante as políticas dirixidas ao sector audiovisual galego.
“Outro aspecto prioritario durante o 2013 –subliñou o titular de Cultura e Educación− foron a actividade propia e as programacións do Centro Dramático Galego (neste caso centradas na figura de Vidal Bolaño), do Centro Coreográfico Galego, do Centro Galego de Artes da Imaxe, así como as actuacións do Grupo de Música Tradicional da Agadic.”
O seguinte apartado debullado polo conselleiro foi o do noso Patrimonio Cultural. Falou aquí da delimitación dun dos bens sobranceiros da nosa comunidade, os Camiños de Santiago; da realización (en colaboración coa AMTEGA) dun inventario xeral do Patrimonio Cultural de Galicia dixitalizado; e dos proxectos para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial da nosa comunidade. Ademais, Vázquez Abad referiuse traballo para “trazar as futuras inclusións dos Camiños do Norte de España a Santiago de Compostela, en 2015, e da Ribeira Sacra, en colaboración co Consello de Patrimonio Histórico Español, nun marco temporal máis amplo e que pode desenvolverse ata 2017.”
Na ‘Memoria’ presentada ofrécese ademais as actuacións e datos concretos de distintos museos e centros expositivos propios, a través dos cales se realiza un importante labor de difusión do noso patrimonio cultural. Refírese en concreto ao Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las, o Museo do Casto de Viladonga, o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Etnolóxico de Ribadavia, o Museo das Peregrinacións e de Santiago, o Museo Massó e o Museo do Mar de Galicia.
Logo de falar da Cidade da Cultura de Galicia, da que afirmou que “que en 2013 déronse os primeiros pasos en firme para o cumprimento e consecución dos obxectivos marcados no Plan estratéxico 2012-2018”, o responsable de Cultura e Educación concluíu a súa intervención falando da internacionalización e proxección da cultura galega no exterior.
Neste sentido, Vázquez Abad detallou as principais iniciativas e accións efectuadas en 2013 para acadar unha imaxe exterior positiva da marca Galicia no plano cultural; favorecer a proxección das industrias culturais e creativas galegas; establecer pontes de diálogo e colaboración con outros países, especialmente de ámbitos lingüísticos próximos; fomentar a presenza da cultura galega en centros de investigación e formación universitaria de distintas cidades de todo o mundo; e reforzar os lazos e o patrimonio cultural da comunidade emigrante.
R.