12 ferias en Galicia y cuatro eventos internacionales servirán para promocionar el sector editorial gallego

El libro gallego estará presente este año en las ferias internacionales de Boloña, Frankfurt, Buenos Aires y Guadalaxara, en México, buscando la competitividad de la literatura en el mercado internacional y fomentando la innovación en la edición, distribución y promoción del producto. El secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ha incidido en que las ferias del libro representan "un espacio privilegiado" para la "dinamización de la lectura" en distintos puntos de Galicia, mientras que la presencia en eventos internacionales permite situar a la creatividad gallega en alguna de las citas del libro "más importantes" en todo el mundo.
El conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, ha destacado la inversión de cerca de 275.000 euros para apoyar estas acciones, un 11,1 por ciento más que el año pasado cuando se celebraron más de 360 actividades en las ferias del libro y acogieron 310.000 visitantes. Con la incorporación de Ribadeo, este año serán 12 ferias del libro que parten con el objetivo de "fortalecer las actividades complementarias" a su alrededor, con presentaciones de obras, música, danza, teatro, o ciencia, entre otros sectores, siempre con el fin de "potenciar la lectura" y prestar "especial atención a los más pequeños de la casa".
Este año las bibliotecas nodales de Galicia estarán implicadas en las actividades para "enriquecer las ferias", y se buscará la colaboración de las agrupaciones vecinales para apoyar a los "artistas de base" y a las "compañías gallegas". También presente en el acto, la presidente de la Federación de Librerías de Galicia, Pilar Rodríguez, ha explicado que el año pasado se inició un nuevo camino para "dar un aire nuevo a las ferias del libro", con la incorporación de las bibliotecas nodales, manteniendo una relación especial con editores y autores, renovando las casetas e impulsando nuevas actividades. El reto de la edición actual será incorporar la tecnología a la hora de hacer actividades "más atractivas" y añadir "necesidades" de la gente joven a las actividades, para "dinamizar estos espacios" de las ferias, además de promover la "especialización" para evitar que exista una repetición muy grande entre los diferentes puestos.
El presidente de la Federación Galega de Editores, Manuel Bragado, ha señalado por su parte que las ayudas a la traducción de obras gallegas en otras lenguas de la Xunta y la participación en ferias internacionales deben enmarcarse "en una estrategia de país" que comparte el Ejecutivo gallego, el sector privado y las asociaciones de autores.
Se busca "visibilizar la edición gallega en el entorno de la edición global", con toda la "complejidad" que ello implica. Así, ha destacado que además de las cuatro ferias mencionadas, el sector de la edición estará presente en otras citas en Madrid, EEUU o de países asiáticos. Vázquez ha incidido en las citas internacionales como una vía de impulsar la "competitividad" del sector en el exterior, y así "reforzar la proyección de Galicia".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria investirá preto de 275.000 euros na promoción do sector do libro galego a través do apoio deste departamento ás Feiras do Libro de Galicia 2014, así como á participación das editoriais galegas en 4 feiras internacionais: Boloña, Frankfurt, Buenos Aires e Guadalaxara (México). Así o explicou en rolda de prensa o conselleiro, Xesús Vázquez Abad, que salientou o esforzo – cun investimento do 11,1% máis ca no 2013- que a Consellería está a facer para a promoción e difusión do sector galego do libro, tanto na nosa propia comunidade coma no exterior. “O contexto económico non é favorable, pero a Consellería é consciente da importancia destas feiras, tanto para achegar o libro á cidadanía como para promover a difusión das nosas editoriais e da lingua galega alén das nosas fronteiras. De feito, as Feiras do Libro de Galicia rexistraron o ano pasado 310.000 visitantes, que gozaron das máis de 360 actuacións e actividades realizadas”, dixo.
Consciente de este éxito e da satisfacción dos visitantes coas actividades complementarias incorporadas ás feiras do libro en Galicia – música, teatro, e diversas manifestacións escénicas – a Consellería amplía en 2014 - por segundo ano consecutivo- a súa colaboración, de 11 a 12 feiras, incluíndo a de Ribadeo. Deste xeito, o calendario de feiras iniciarase o vindeiro 24 de abril en Santiago de Compostela, onde permanecerán as casetas ata o 4 de maio. O calendario pecharase do 27 ao 30 de agosto en Monforte, e antes terán pasado tamén por Pontevedra (6 a 11 de maio), Lugo (13 a 18 de maio), Vigo (23 de maio a 1 de xuño), Ourense (3 a 8 de xuño), Ferrol (11 a 15 de xuño), Ribadeo (17 a 20 de xullo), Rianxo (24 a 27 de xullo), A Coruña (1 a 10 de agosto), Viveiro (14 a 17 de agosto) e Foz (27 a 30 de agosto).
Así mesmo introduciranse novas iniciativas na programación de actividades. Así, ademais das habituais presentacións e sinaturas de libros nas casetas, volveranse ofertar diferentes actividades centradas nos sectores da gastronomía, música, teatro, danza, cine ou ciencia, todas elas vinculadas ao sector do libro e co fin de potenciar á lectura entre os diferentes públicos que visitan as feiras. “Neste sentido- sinalou o conselleiro. este ano ademais queremos fomentar que os centros educativos participen nas feiras do libro, organizando accións especiais para colectivos escolares cando estas citas se celebren dentro do período lectivo”. Ademais, e como novidade, as bibliotecas centrais territoriais (bibliotecas nodais), ademais de estar presentes nas feiras correspondentes ás súas cidades, desenvolverán tamén diversas actividades para enriquecer a programación da feiras do libro.
Así mesmo estimularase a vinculación das agrupacións culturais, colectivos veciñais, ou escolas de música, entre outras, de cada unha das zonas nas que se celebren as feiras, “de tal forma que poidamos organizar en colaboración con eles a oferta de actividades de teatro, danza, e incluso demostracións profesionais ou tradicionais. Unha nova aposta da Consellería de Cultura e Educación polos artistas de base e polas compañías galegas, contribuíndo a impulsar o sector editorial, así como tamén outros sectores, favorecendo a súa visibilidade e xerando emprego”, salientou Vázquez Abad.
A maiores destas Feiras do Libro de Galicia, a Consellería vai volver apoiar este ano a presenza das editoriais galegas nas principais citas internacionais, en concreto na de Boloña (do 24 ao 27 de marzo), na de Buenos Aires (do 24 de abril ao 12 de maio), na de Frankfurt (do 8 ao 12 de outubro) e na de Guadalaxara (do 29 de novembro ao 7 de decembro). O obxectivo da participación nestes eventos culturais é impulsar a competitividade da literatura galega no mercado internacional, apoiando aos creadores e fomentando a innovación na edición, distribución e promoción do libro galego no exterior. “Para iso, a Xunta, en colaboración coa Asociación Galega de Editores, asume a organización, xestión e control de todas as actividades relativas ao stand, persoal e envío de material, así como a edición de materiais promocionais”, anunciou o conselleiro.
“É preciso salientar – dixo Xesús Vázquez- que nos últimos meses a Consellería mantivo un diálogo fluído con representantes do sector para reforzar a proxección de Galicia nestas citas, especialmente no que atinxe ao intercambio comercial. De feito, xa estamos a traballar no impulso e planificación da actividade a desenvolver nas feiras, na preparación do material promocional ou na incorporación de produtos dixitais, no marco do diálogo que estamos a manter coas empresas do sector”.
O conselleiro quixo aproveitar a rolda de prensa para agradecer a libreiros e editoriais “os esforzos que están a facer nestes tempos difíciles para manter establecementos, oferta cultural, empregos..., e facelo ademais novas vías para a difusión da cultura galega, desde unha actitude de aposta pola innovación”. “Grazas polo voso traballo, moitas veces invisible, pero imprescindible para a sociedade galega”, destacou.
Na rolda de prensa participaron, ademais, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado; e máis a presidenta e vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez e Antón Pedreira; así como o secretario da Federación, José Manuel García; o seu tesoureiro, Francisco Negro, e a coordinadora das feiras, Nani Regueira.
R.