Paula Rojo presenta en directo en Compostela los temas de su trabajo Érase un sueño, en el marco del ciclo Íntimo & Acústico

O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é unha das sedes da nova edición do ciclo Íntimo & Acústico, que dá comezo neste escenario compostelán o sábado día 11 de xaneiro co concerto que a cantautora asturiana Paula Rojo ofrece ás 20.30 horas.
A Consellería de Cultura e Educación colabora así no desenvolvemento deste programa musical, que organiza o Concello de Santiago en diferentes espazos da cidade e dentro do que a sede do Centro Dramático Galego acollerá tamén a actuación do estadounidense Cass McCombs o domingo 19 de xaneiro, ás 20.00 horas.
Paula Rojo interpretará en Santiago os temas do seu disco de debut, ‘Érase un sueño’, co que conseguiu situarse nos primeiros postos das listas de vendas. Realizado en clave de country-pop, o álbum é unha especie de diario musical no que esta novísima artista de 22 anos de idade, que se deu a coñecer para o gran público a través da súa participación no programa de televisión ‘La Voz’, comparte algunhas das historias que marcaron a súa vida.
A súa voz doce e xuvenil os 12 temas que integran o seu primeiro traballo discográfico, no que atopamos desde baladas ata cancións que sobresaen polos arranxos tomados das súas principais influencias musicais, entre as que se atopan as composicións de Johnny Cash.
As entradas para asistir a este concerto poden adquirirse de xeito anticipado, a un prezo de 10 euros, na web entradas.novagaliciabanco.es e no despacho de billetes do Teatro Principal, en horario de 18.00 a 21.00 horas. No Salón Teatro estarán á venda o mesmo sábado, a partir das 18.30 horas, a un prezo de 12 euros.
R.