El Salón Teatro de Santiago de Compostela programa dos funciones familiares de la obra de títeres O príncipe e o parrulo

La iluminación está a cargo de Javi Ulla, las marionetas y la escenografía han sido diseñados por Javier Tirado y la música es de Fran Lasuen. La producción, con una "sencilla puesta en escena", está pensada para todos los públicos (niños a partir de tres años) y ensalza el valor de la amistad y la solidaridad.
La propia compañía señala que se trata de "una pequeña historia, tan pequeña que solo necesita un castillo, un árbol y una casa para ser contada". "Pero esta pequeña historia nos habla de cosas muy grandes. En ella, dos pequeños personajes descubren que no hay nada tan divertido como tener a alguien con quien compartir, con quien jugar". Esta será la penúltima actuación del año en el Salón Teatro, que cierra las actividades el 29 de diciembre, con el concierto de blues de Adrián Costa y O Maquineto, a las 20.30 horas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Salón Teatro de Santiago de Compostela, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece os días 27 e 28 de decembro dúas funcións para público familiar da montaxe ‘O príncipe e o parrulo’, a cargo da compañía galega Eme2 Emoción&Arte.
Baixo a dirección de Álex Díaz, o espectáculo combina o teatro de obxectos coa interpretación de dúas actrices destacadas no panorama teatral e audiovisual galego: Rocío González e Lucía Regueiro, a partir do guión realizado por Javier Tirado e Jokin Oregi con tradución ao galego de Xocas López e Sandra Romarís.
A iluminación de Javi Ulla, os monicreques e a escenografía deseñados por Javier Tirado e a música de Fran Lasuen, antigo membro do grupo vasco Oskorri, contribúen tamén á sinxela posta en escena desta produción para todos os públicos (nenos a partir de 3 anos), na que se enxalza o valor da amizade e da solidariedade.
Así, a propia compañía refírese á obra como unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada. “Pero esta pequena historia –explícase– fálanos de cousas moi grandes. Nela, dous pequenos personaxes descobren que non hai nada tan divertido como ter a alguén con quen compartir, con quen xogar. Descobren que non hai nada tan grande como un amigo”.
Esta será a penúltima actuación do ano no Salón Teatro, que pechará a súa actividade de 2013 co concerto de blues de Adrián Costa e o Maquineto, que terá lugar o 29 de decembro ás 20:30 horas dentro do ciclo ‘Blues Nite Nadal’ que organiza o concello de Santiago de Compostela.
As entradas para ‘O príncipe e o parrulo’ poden adquirirse de xeito anticipado na billeteira do Teatro Principal (aberta de 18.00 a 21.00 horas) e na do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo das representación. Tamén están dispoñibles a través da web entradas.novagaliciabanco.es e a través do teléfono 902 434 443.
R.