Se presenta en la RAG una colección de ensayos filosóficos de Domingo García-Sabell, uno de los diseñadores de la Galicia contemporánea

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu á presentación do libro “Domingo García- Sabell e a fenomenoloxía” na Real Academia Galega, na Coruña. No acto de tamén estiveron presentes o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero. Á presentación tamén asistiron Andrés Torres Queiruga; Xosé Luís Franco Grande, escritor e membro da RAG; Teresa García-Sabell, filla de Domingo García-Sabell; e Ramón López Vázquez, coordinador da obra.
A publicación foi editada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística por medio do proxecto de recuperación de textos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), e recompila, baixo a coordinación de Ramón López Vázquez, abondosos ensaios do médico, escritor, político e humanista Domingo García-Sabell, quen foi presidente da Editorial Galaxia, presidente da Real Academia Galega e delegado do Goberno en Galicia.
O volume engloba un bo número de escritos filosóficos da autoría de García-Sabell, artellado en dúas partes que afondan nos principios teóricos, así como na aplicación destes á cultura galega da segunda metade do s. XX.
O CRPIH leva 20 anos impulsando a investigación do idioma propio de Galicia nos eidos lingüístico, literario e antropolóxico. Na súa andaina, deu a lume máis de 200 produtos científicos e contribuíu á formación de máis de 400 investigadores, tanto galegos como estranxeiros, dos que un bo número son hoxe doutores, profesores universitarios ou docentes do ensino medio que, desde os seus postos actuais, continúan a ofrecer importantes achegas ao coñecemento sobre a lingua e a literatura galegas.
Fotografía y más información: http://www.galegos.info/domingo-garcia-sabell
R.