Xunta de Galicia, Consello da Cultura e Instituto Cervantes difunden en Madrid la obra de Rosalía de Castro con música y conferencias

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Instituto Cervantes e o Consello da Cultura Galega homenaxean a Rosalía de Castro a través dun ciclo de conferencias con motivo dos 150 anos da publicación do poemario ‘Cantares gallegos’. ‘Rosalía de Castro: Tradición e modernidade’ é o título desta iniciativa que se realizará do 22 ao 24 de outubro na sede do Cervantes en Madrid.
O ciclo, que contribuirá coa posta en valor e a difusión da vida e obra de Rosalía de Castro, confórmano diversas conferencias, coordinadas polo crítico literario Ángel Basanta, nas que intervirán os escritores Carlos Reigosa, Marina Mayoral, Luis García Montero, Luis Alberto de Cuenca e Arcadio López Casanova.
Luis García Montero, Premio Nacional de Poesía, será o encargado de impartir a conferencia inaugural o 22 de outubro, ás 19.00 horas. Posteriormente, ás 20.30 horas, o compositor e cantante Amancio Prada será o encargado de pechar a xornada cun concerto que terá como protagonistas os versos rosalianos.
O poeta e catedrático da Universidade de Valencia Arcadio López Casanova será o encargado de impartir a conferencia “Rosalía de Castro e a poesía galega contemporánea”, que terá lugar o mércores 23 de outubro a partir das 19:30 horas. O 24 de outubro, o presidente da Asociación Española de Críticos Literarios, Ángel Basanta, moderará a mesa redonda que pecha o ciclo. Nela, o poeta Luis Alberto de Cuenca, a escritora Marina Mayora e o escritor Carlos Reigosa serán os encargados de abordar a figura de Rosalía de Castro a través da súa vida e da súa literatura.
Actividades para a celebración dos 150 anos de ‘Cantares gallegos’
A colaboración de Cultura e Educación con estas xornadas, a través da Secretaría Xeral de Cultura, enmárcase na completa programación de iniciativas que a a Xunta de Galicia vén promovendo durante 2013 aprol do estudo e da difusión de ‘Cantares gallegos’, o ano no que se celebra o 150.º aniversario da súa publicación. Concertos, edicións conmemorativas, mostras bibliográficas e espectáculos teatrais son algunhas das actividades promovidas este ano pola Consellería para garantir a máis ampla difusión desta efeméride e a participación do conxunto da cidadanía.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.