Conciertos, un horario prolongado y visitas a sus rincones secretos centran los actos conmemorativos del 20º aniversario del CGAC

El museo prolonga su horario en esta jornada y recibirá visitantes hasta la medianoche, con el fin de que el público pueda combinar la asistencia a actividades con visitas a exposiciones. A partir de las 21.30 horas comenzarán los conciertos, primero de Fluzo y después de Disco Las Palmeras!, ambas bandas gallegas. A partir de las 00.00 horas comenzará una sesión a cargo del DJ compostelano Bigote Mix. En la jornada del domingo, desde las 11.00 horas se presentarán recorridos por el CGAC en busca de respuestas a diferentes cuestionarios y "hallazgos inesperados". Todos los participantes obtendrán un regalo. Además, en grupos de hasta 15 personas, los interesados pueden visitar los "secretos" del museo: los almacenes en los que se guarda la colección del centro.
Von Hafe ha destacado que también se presentará el libro 'Algo máis de cor. Terapia habitación de hospital', que cuenta con la participación de la artista gallega Mónica Alonso; y el catálogo de la exposición 'Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos'. El "gran momento institucional" para la celebración de este aniversario será, sin embargo, cuando se inaugure la exposición '93', prevista para noviembre, y que reunirá obras de más de 120 artistas gallegos e internacionales realizadas precisamente ese año, el de la apertura del CGAC, ha dicho Von Hafe. La muestra ocupará todo el edificio que acoge al CGAC. "Nos dará mucho trabajo pero con mucho gusto la producimos porque creo que la gente la va a disfrutar", ha apuntado el director del centro.
Anxo Lorenzo ha destacado que en 20 años el CGAC se ha colocado "en la órbita de los centros de referencia" en su ámbito y ha considerado que "debe seguir cumpliendo ese papel en el futuro", pese a que el actual es un momento difícil en términos económicos. Tanto Lorenzo como Von Hafe han destacado la necesidad de que Santiago y los ciudadanos de Galicia en general "se apropien del centro" y lo disfruten más.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a cidadanía a celebrar os 20 anos da creación do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) cunha programación especial que se desenvolverá durante toda a fin de semana do 28 e o 29 de setembro. Visitas guiadas á colección do centro, itinerarios para coñecer o edificio, unha mesa redonda cos arquitectos Manuel Gallego Jorreto e Nuno Grande, presentacións de libros e diversas actividades musicais son as principais iniciativas que se desenvolverán durante o sábado e o domingo no CGAC, onde foron presentadas esta mañá polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e polo director do CGAC, Miguel von Hafe.
Foi o 29 de setembro de 1993, segundo recordou Anxo Lorenzo, cando o CGAC abriu por primeira vez as súas portas. Fíxoo coa exposición ‘Retrospectivas’ da artista galega Maruja Mallo, que se exhibiu no centro ata o 18 de decembro dese mesmo ano. “A obra vangardista da pintora lucense –afirmou o secretario xeral– inaugurou un espazo expositivo e arquitectónico, deseñado por Álvaro Siza, que é hoxe un referente na arte contemporánea”.
Desde comezos de ano, o CGAC leva desenvolvendo diversas exposicións e actividades que se enmarcan nesta conmemoración, á que se suma agora a programación especial da fin de semana con motivo do día no que o centro cumpre dúas décadas de traxectoria. A música será a protagonista do sábado 28 de setembro, cun concerto de Fluzo ás 21:30 horas, coa actuación da banda galega Disco Las Palmeras! e cunha sesión do DJ Bigote Mix a partir das 00:00 horas.
O sábado, ás 18:00 horas, tamén terá lugar unha mesa redonda sobre o CGAC de Álvaro Siza, na que o arquitecto galego Manuel Gallego Jorreto e o portugués Nuno Grande achegarán cadansúa visión do edificio que alberga o CGAC desde hai vinte anos. A mesa estará moderada polo director do CGAC, Miguel von Hafe Pérez.
Ademais, ese mesmo día o CGAC manterá as súas portas abertas ata a media noite de xeito que o público poderá combinar a asistencia ás diferentes actividades coa visita ás exposicións ‘Transformación’, de Víctor Grippo; CLEARBLUESKYDEEPDARKWATER, de Graham Gussin; e ‘Diagramas’, de Ricardo Basbaum.
Visitas guiadas á colección e itinerarios polo CGAC
O domingo 29 de setembro realizaranse diversas propostas para dar a coñecer entre a cidadanía os fondos do centro e tamén a arquitectura do edificio. Con este obxectivo, entre ás 11:00 e as 20:00 horas organizaranse itinerarios múltiples a través dos que se propoñerán percorridos polo CGAC na procura de achados inesperados, con agasallos para os participantes.
Acompañados de persoal do centro, os que se acheguen o domingo tamén terán a posibilidade de visitar a colección propia do CGAC e de aprender algo máis sobre o seu funcionamento, como a xestión da adquisición de obras, os artistas que integran o fondo ou as principais pautas de conservación. O punto de encontro para as visitas, que se realizarán ás 12:00, ás 13:00 ás 17:30 e ás 18:30 horas en grupos de 15 persoas máximo, será a recepción do CGAC.
A xornada do domingo rematará coa presentación de dúas obras. Ás 18:00 horas será a quenda do libro Algo ‘Algo máis de cor. Terapia habitación de hospital’, un proxecto da asociación cultural Sen Marco coa artista Mónica Alonso. Finalmente, ás 19:00 horas terá lugar a presentación do catálogo da exposición ‘Eugenio Granell e o cine: unha película de vinte minutos’, coa participación de Natalia Fernández Segarra, directora do Museo-Fundación Eugenio Granell, e de Eduardo Valiña, comisario da exposición.
Vocación internacional en diálogo coa arte galega
O CGAC, que sempre tivo unha clara vocación internacional en diálogo coa arte galega, promoveu ao longo das súas diferentes etapas unha liña de traballo que incluíu a creación dunha colección coas últimas tendencias da arte contemporánea e que programou numerosas exposicións. No pasado recente, o CGAC tivo oportunidade de organizar varias mostras consideradas pola crítica especializada entre as máis relevantes das presentadas en territorio nacional, como as de Gilberto Zorio ou Jeff Wall.
Paralelamente, mantívose o compromiso con exposicións que contribuíron a unha nova discursividade sobre etapas específicas da historia e a cultura contemporánea. Do mesmo xeito, o compromiso co contexto galego renovouse nesta última etapa con exposicións como as de Antón Reixa, Eugenio Granell ou Fernando Casás, que concluíu neste mesmo ano. Talleres, conferencias, cine, música, danza etc., así como unha liña editorial única na comunidade galega, completan a diversa actividade desenvolvida polo CGAC durante as súas dúas décadas de andaina.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.
R.