Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Sarabela Teatro presenta en Pontevedra el montaje teatral Rosalía, os Cantares das Musas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Novacaixagalicia presentaron en Pontevedra o espectáculo teatral Rosalía. Os cantares das musas, co que Sarabela Teatro está a difundir a obra rosaliana desde os escenarios das catro provincias galegas.

A montaxe, que iniciou a súa xira o pasado 24 de maio en Ourense, chega o 6 de xuño ao Centro Cultural de Novacaixagalicia de Pontevedra, onde foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; pola directora de contidos socioculturais da fundación, María Teresa Cores; e polo actor e protagonista da obra Fernando Dacosta.

Construída sobre versos de Cantares gallegos e baseada tamén na obra El caballero de las botas azules, “a peza de Sarabela Teatro permítenos revisitar a figura de Rosalía de Castro a través da linguaxe teatral, para difundir a prosa e a poesía da autora”, afirmou Anxo Lorenzo. O seu departamento colabora coa compañía galega na xira que está a realizar o espectáculo por diversas localidades galegas, no marco da celebración dos 150 anos da publicación de ‘Cantares gallegos’.

“Desde a Consellería de Cultura e Educación –dixo– apoiamos esta montaxe teatral que nos achega a Rosalía de Castro a través das artes escénicas e que nos permite manter o espírito rosaliano e reforzar a consideración de Rosalía de Castro como símbolo de Galicia”.

Logo do seu paso por Ourense e por Ferrol no mes de maio, e por Lugo, o pasado 2 de xuño, esta homenaxe teatral a Rosalía de Castro chega o 6 de xuño a Pontevedra, ás 21:00 horas. As entradas para asistir á función pódense adquirir a través da billeteira telefónica no 902 504 500 e na web de Servinova en www.servinova.com. A próxima semana, o 13 de xuño, a obra estará no Teatro Principal de Santiago de Compostela e tamén se poderá ver o 14 de xuño no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

O elenco que fai posible a representación da obra está formado por Fernando Dacosta, no papel do cabaleiro, e por Nate Borrajo, Elena Seijo e Fina Calleja, que interpretan o papel das musas. A dramaturxia, a dirección e o deseño da iluminación corren da conta de Ánxeles Cuña e Ruth Díaz Pereira deseña o vestiario.

En ‘Rosalía. Os cantares das musas’, un home, con afán de fama e recoñecemento póstumo, invoca as musas para que lle inspiren unha nova fórmula poética. No seu lugar acode a Novidade, quen o tomará como o seu protexido e o converterá no Señor da Gloria, un insólito ser que escandalizará e atraerá a curiosidade de todos. A súa misión será a de deixar en evidencia, mediante a ironía e a burla, a sociedade, dominada pola hipocrisía e a vaidade.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información