Los más de 4.000 volúmenes del legado bibliográfico de Agustín Sixto Seco, disponibles en la Cidade da Cultura

Según el Gobierno autonómico, el archivo del doctor destaca por la importancia del gran número de documentos en él recogidos, así como por los testimonios que explican el desarrollo del siglo XX. De hecho, conforma el archivo una amplia correspondencia con intelectuales como Otero Pedrayo o Castelao, junto a documentación de su intensa relación con multitud de instituciones e iniciativas culturales.
El legado documental está compuesto por el propio archivo en el papel personal realizado por Sixto Seco, y por otra parte por la documentación recopilada tras su muerte. También se incorporan a la Biblioteca de Galicia el archivo sonoro, compuesto por 167 casetes, vídeos, DVD, CD y disquetes entre los que se encuentran todas las grabaciones del programa radiofónico Parladoiro; e o fotográfico, integrado por 13 álbumes.
Agustín Sixto Seco, natural de Mugardos, no sólo fue una figura de trascendencia en la medicina gallega, sino que también ejerció un papel activo en favor de la cultura propia de Galicia. Desde la década de los sesenta participó en proyectos editoriales como Galaxia, en patronatos como el de Rosalía de Castro y de la Fundación Otero Pedrayo, así como en instituciones como Penzol, Castelao, Camilo José Cela o el Museo do Pobo Galego. En el campo de la medicina participó en la fundación del policlínico A Rosaleda, además de presidir cargos directivos de sociedades médicas, tanto en Galicia, como en el resto del Estado y Latinoamérica.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá a disposición da cidadanía galega a biblioteca e arquivo do doutor Agustín Sixto Seco, un legado que pasará a enriquecer os fondos bibliográficos e de arquivo da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia. O legado desta figura de esencial e notoria transcendencia na medicina e activo promotor da cultura galega estará en breve dispoñible nas instalacións do Gaiás, froito do comodato acordado entre a familia do desaparecido intelectual galego e a Consellería.
A biblioteca de Sixto Seco, formada por máis de catro mil volumes, abrangue desde importantes edicións dos primeiros tempos da edición galega de postguerra, especialmente de Galaxia, fondos americanos procedentes da emigración galega, abundantes obras sobre Galicia, sobre medicina e sobre temas históricos, relixiosos, políticos, literarios, educativos e de cantos ámbitos abarcaban o seu interese e curiosidade por todos os ámbitos da cultura e da sociedade.
O arquivo do doutor destaca polo interese e importancia do amplísimo número de documentos nel recollidos, así como pola características dos mesmos, testemuñas do desenvolvemento da sociedade galega ao longo do século XX e do nacemento de Galicia como Comunidade Autónoma. Boa parte deste valor débese á relación do doutor coas principais figuras da cultura galega, nacionais e internacionais - especialmente do ámbito latinoamericano- da súa época. De feito, o arquivo está conformado por unha ampla correspondencia con estas persoas, manuscritos, tanto propios como de intelectuais como Otero Pedrayo ou Castelao, documentación da súa intensa relación con multitude de institucións, e dossieres sobre innumerables temas e iniciativas culturais.
O legado documental está composto dunha banda polo propio arquivo en papel persoal realizado por Sixto Seco, doutra pola documentación recompilada trala súa morte. Ambos os dous recollen un amplo número de cartas, conferencias, discursos, entrevistas, artigos xornalísticos e notas do intelectual. Ademais inclúen dossieres e documentación sobre as fundacións e institucións culturais máis senlleiras da nosa terra – Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Valle-Inclán, Centro Ramón Piñeiro entre outros – e de acontecementos tan importantes para Galicia como o retorno dos restos de Castelao ou o anteproxecto de estatutos do Panteón de Galegos Ilustres. Tamén se incorporan á Biblioteca de Galicia o arquivo sonoro, composto por 167 casetes, vídeos, DVD, CD e disquetes entre os que se atopan todas as gravacións do programa radiofónico Parladoiro; e o fotográfico, integrado por 13 álbumes e mais fotos soltas.
Agustín Sixto Seco, natural de Mugardos, non só foi una figura de esencial e notoria transcendencia na medicina galega, senón que tamén exerceu un papel intenso e activo durante a súa vida a prol do impulso da nosa cultura. Desde os anos 60 exerceu un amplo labor cultural, en proxectos de tanta transcendencia para a nosa cultura como o das editoriais Galaxia ou SEPT, en padroados como o de Rosalía de Castro e da Fundación Otero Pedrayo, en institucións como as fundacións Alfredo Brañas, Penzol, Castelao, Camilo José Cela, no Instituto Galego de Información, no Centro Ramón Piñeiro, no Museo do Pobo Galego ou no Consello da Cultura Galega, entre outros cargos e responsabilidades. O doutor foi ademais un destacado home de radio á fronte do programa Parladoiro, escritor e articulista.
No eido da medicina participou na fundación do policlínico A Rosaleda, ademais de participar na presidencia e en cargos directivos de sociedades médicas, non só en Galicia, senón tamén no resto do Estado español e mesmo en Latinoamérica.
Grazas á vontade da súa familia e as xestións da Consellería as galegas e galegos poderán estudar a súa obra e legado moi pronto na Biblioteca de Galicia.
Fotografía: Xunta de Galicia
R.