Feijóo ofrece al BNG "aparcar las diferencias" y buscar un nuevo consenso lingüístico

Feijóo no ha aclarado cuál será la actuación en los tribunales de la Xunta si no se da ese consenso, pero sí ha avanzado que seguirá cumpliendo su "programa electoral" y verán si "es posible mejorar la libertad" de los padres y alumnos. El TSXG ha anulado los puntos del decreto del plurilingüismo referidos a la consulta a los padres en educación infantil y el que permite al alumno utilizar el gallego o el castellano en base a sus preferencias, salvo en las asignaturas de lenguas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ofreceu un pacto polo bilingüismo cordial, para o que instou aos grupos parlamentarios a aceptar a sentenza do TSXG sobre o decreto do plurilingüismo e a sumarse ao consenso lingüístico. O mandatario galego subliñou que o seu goberno traballará para “mellorar a liberdade dos pais, a liberdade dos alumnos e para manter o equilibrio das linguas, do galego e do castelán”.
“Se vostedes están de acordo coas sentenzas do TSXG eu acepto ese pacto. Deixamos o decreto como está e non se recorren as sentenzas. Se, pola contra, vostedes non aceptan ningún pacto, nós cumpriremos para ver se é posible mellorar a liberdade dos pais, a liberdade dos alumnos e manter o equilibrio das linguas, do galego e do castelán. Este é o modelo galego, ese é o modelo de Galicia e o modelo que quere”, apostilou Feijóo en resposta a unha pregunta do BNG.
“Se deixamos o decreto como está, de acordo coas sentenzas do TSXG, ¿vostedes se volverían unir ao consenso e teriamos un consenso na lingua, si ou non?”, inquiriu o presidente da Xunta ao voceiro do BNG. “¿Podemos aparcar as diferenzas no TSXG e acordar que ese decreto se manteña tal e como se aprobou, legalmente validado polo TSXG?”, insistiu.
“Podemos ou non podemos volver ao pacto, eu vólvollo ofrecer ao inicio da lexislatura. Se vostedes aceptan a sentenza do TSXG totalmente, eu tamén acepto a sentenza totalmente”; senón, dixo, “vostede siga o seu camiño e eu seguirei o compromiso co programa electoral e coas urnas”, incidiu.
O mandatario galego esgrimiu que o decreto do plurilingüismo foi aprobado “para adaptarnos á realidade, mantendo o respecto ao Estatuto de Autonomía, á Lei de Normalización Lingüística e á realidade bilingüe de Galicia”. “Fixemos un novo decreto para restaurar os compromisos co bilingüismo cordial e porque tiñamos un inicio dunha confrontación real dos pais e dos alumnos no ensino galego”, aseverou.
Feijóo remarcou que o TSXG avala o 95 por cento do texto do decreto: “Di que se respecta a legalidade do procedemento do decreto, si; di que se respecta o equilibrio das linguas, si; di que se poden poñer as asignaturas en galego e outras que se impartan en castelán, si; di que a terceira lingua é unha lingua legal e que a debemos implementar, si; di, en definitiva, que a consulta aos pais é legal, si, pero di que non é vinculante”, abondou.
“Nós cremos que a consulta aos pais debe vincular á administración educativa, pero se pode discutir; e nós cremos que o alumno pode decidir, salvo en lingua galega ou en lingua española, en que lingua se examina”, asegurou Feijóo, quen lembrou, ao respecto, que o Consello Consultivo no ano 2007, cando foi aprobado o decreto do bipartito, xa advertía que o alumno tiña a posibilidade de manifestar os seus coñecementos na lingua que elixira.
O presidente da Xunta asegurou que o seu goberno ten “un modelo concreto: o bilingüismo cordial”: “Aceptamos o equilibrio das linguas e imos seguir así”, dixo, “imos ensinar o galego na aulas, o 50 por cento galego e o 50 por cento en castelán. Ese é o modelo que está consolidado. Temos un modelo propio, non importemos modelos que fracasan, que están no Tribunal Supremo ou no Tribunal Constitucional e que non levan a ningures”, asegurou.
“As políticas de imposición e as políticas de rexeitamento non levan a nada, nin no Parlamento, nin na política lingüística e, por iso, o equilibrio é unha proposta que lle volvo reiterar. Se vostede acepta a sentenza do TSXG abandonemos as discusións; e se non acepta, nós cumpriremos o programa electoral”, concluíu.
R.