Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El Festival de Ópera de A Coruña conmemora su 60º aniversario con primeras figuras internacionales y las mejores voces gallegas

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co 60º aniversario do Festival de Ópera da Coruña, “unha iniciativa que vén manténdose de maneira constante e nacida da propia vontade dunha sociedade que ten consolidada a súa afección pola arte musical e que persevera na construción dunha mostra que mantén avivado ese interese polo xénero operístico”.

Así o afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de presentación da programación de actividades da nova edición do festival, que tivo lugar na Coruña, e n que tamén participaron Miguel Lorenzo, membro do Consorcio para a Promoción da Música; Natalia Lamas, presidenta de Amigos da Ópera da Coruña; María Faraldo, vicepresidenta da Deputación da Coruña; e César Wonenburger, director artístico do Festival de Ópera da Coruña

A Consellería de Cultura e Educación colabora, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, colabora coa nova edición deste do Festival de Ópera da Coruña, que integra no seu cartel primeiras figuras e montaxes internacionais á par das mellores voces galegas, “que teñen neste festival un espazo de proxección que transcende tamén as nosas fronteiras”, segundo destacou o secretario xeral,

Ao fío disto, o secretario xeral explicou que “a configuración do festival, con estreas de primeira orde, primeiras figuras internacionais, cantantes líricos galegos consolidados, novas voces locais emerxentes e, ao mesmo tempo, a creación dun ambiente que enche a cidade con proxeccións e conferencias sobre a ópera, fan desta cita un referente de outono verdadeiramente interesante”.

A nova edición Festival de Ópera da Coruña, o decano dos certames líricos españois, terá lugar entre os meses de agosto e outubro. A programación de actividades comeza o próximo 29 de agosto cun concerto lírico que ofrecerán o tenor Celso Albelo e a soprano Irina Lungu, que estarán acompañados pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

O 8 de setembro ofrecerase a ópera en concerto “Nabucco” de Verdi, título referencial do compositor italiano, programada precisamente na temporada na que se conmemora o bicentenario do creador. O 21 do mesmo mes terá lugar unha nova edición do ciclo “As novas voces galegas”, no Conservatorio Profesional da Coruña. Na súa sexta convocatoria, esta sección del festival recibe á soprano, nacida en Ferrol, Patricia Rodríguez.

O 27 e 30 de setembro subirá a escena a ópera representada, unha das favoritas do públicos e que estivo lonxe da programación galega desde os anos 80, “Madama Butterfly”, a obra máis popular de Giacomo Puccini. Como última actividade do Festival, ofrecerase unha gala lírica conmemorativa dos 60 años desta cita, que estará interpretada por unha das mellores e máis aclamadas cantantes dos nosos días. A mezzosoprano Elina Garanca debutará o 5 de octubre no festival cun concerto no que tamén participará a Sinfónica de Galicia baixo a batuta de Karel Mark Chichon.

O Festival acollerá ademais interesantes actividades paralelas, como conferencias, encontros cos protagonistas e proxeccións de películas e óperas en lugares como o Museo de Belas Artes e a Biblioteca da Deputación coruñesa.

A venta de abonos comezará o vindeiro 10 de xullo e as entradas soltas poderán adquirirse a partir do 17 de xullo a través da páxina de Novacaixagalicia Banco e na Praza de Ourense.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información