Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La obra del artista Chankecham, presente en bibliotecas como la Vaticana, posiciona internacionalmente a la Biblioteca de Galicia

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou a exposición Do it yourself! Os incunables contemporáneos dun impresor particular, unha viaxe de séculos desde a invención da imprenta por Gütenberg ata a edición dixital a través dunha historia única e persoal, a do galego Francisco Barros Cascallar, máis coñecido como Chankecham, zapateiro de profesión e escritor de vocación que a partir dunha antiga prensa para a elaboración do viño publicou a súa obra.

Así, desde hoxe ata o 10 de xuño, o Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura custodia este legado, seguindo os pasos doutros centros de recoñecido prestixio internacional como a Biblioteca Vaticana ou as nacionais de España, Francia e Portugal ás que Chankecham enviou exemplares da súa obra, consciente das pezas únicas que supoñen

Xunto coa directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño; e o comisario da exposición, Anxo Rabuñal; Vázquez Abad inaugurou a mostra, composta nove libros cuase-incunables, o tórculo, a imprenta, os tipos e o instrumental, as pranchas de gravado e outros elementos xunto con documentación sobre o seu prodixioso e secreto labor creativo.

Vázquez Abad salientou o incalculable valor deste legado, “que permite poñer á Biblioteca da Cidade da Cultura na senda deses centros de recoñecido prestixio internacional”. Neste sentido o conselleiro destacou ademais o compromiso do departamento que dirixe para “a través de iniciativas como esta, dar a coñecer o talento dos nosos creadores e artistas a través de diferentes formatos, ademais de poñer en valor os fondos da Biblioteca de Galicia”.

A exposición -que se abre cunha enorme pintura mural feita polo artista Kukas e que reproduce unha das estampas de Chankecham: a conversa do Home da Barba Florida coas estrelas da noite- inclúe ademais unha mostra dos catro libros dixitais editados por Chankecham e un documentario sobre a súa obra e persoa realizado por Simón Vázquez.

De forma paralela á mostra, nos primeiros días de maio terá lugar un obradoiro de autoedición dirixido polo artista Federico Guzmán e titulado "Candura & Coraxe", co que se porá en funcionamento, por derradeira ocasión, a imprenta inventada por este fabuloso e escondido artista impresor. Chankecham, un impresor particular Francisco Barros Cascallar (Pontecesures, 1931) é un poeta, escritor e artista que con tesón e grande ambición levou adiante a "reinvención" da imprenta de Gutenberg e logrou editar a súa propia obra ante a indiferenza das editoriais. De formación autodidacta, en Madrid mercou os seus primeiros libros que viaxaron sempre con el nunha maleta, primeiro a Brasil en 1956 e logo no retorno a Galicia en 1968. Desta forma, a súa maleta de libros converteuse nunha "universidade portátil, ao gusto persoal". A súa obra literaria iniciouse con tres libriños de poemas financiados do seu peto, mais, insatisfeito co resultado, resolveu emprender da súa man a titánica tarefa de completar todas as fases de elaboración dun libro, dende a composición da páxina ao encadernado, comezando pola construción manual dunha imprenta e outros útiles e acabando coa creación de fabulosas imaxes 'brut' para enfeitar as páxinas. Este empeño levouno a estampar curtas tiraxes dun total de nove libros, facendo deles uns asombrosos incunables contemporáneos: No Jardim das Pedras, O Livro dos samarúas, O Laio de Tantotem, Galitopía, Cantigas de Escarnho, O Fantasminha Camarada, Requiem por un Sonho nom Nato, O Livro do Desespero e Viage ao Fim dos Tempos. Chankecham é un creador de mundos. Personaxes entrañables como o Home da Barba Florida, o coitado Tantotem, o pantasma Joao Ninguem, o pobo dos Samarúas ou a Esfinxe da Silvouta, seres que habitan o Xardín das Pedras, o País da Felicidade, o planeta Luz Divina, a terra futurista de Galitopia… e outras paraxes onde el viaxa "na máis poderosa e potente nave interestelar que viron os tempos, a fantástica nave da imaxinación".

Libros para ver: tres exposicións ao redor do libro Do it yoursef! Incunables contemporáneos dun impresor particular forma parte dun ciclo de exposicións que acolle o Arquivo de Galicia e que xira ao redor dun denominador común: o libro. Libros para ver é o título común a estas tres mostras que inclúe a exposición de Caxigueiro e Baldo Ramos, Os ollos das palabras, coa que se inaugurou este ciclo o venres 9 de marzo, e Orixes do cómic en Galicia, que tamén pode visitarse desde o 16 deste mes.

Fotografía: Xunta de Galicia.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información