Abre sus puertas al público el tercer edificio del complejo de la Cidade da Cultura: el Museo de Galicia

El conselleiro ha precisado que estas cuestiones se clarificarán en el Plan Estratégico Gaiás, que será presentado a mediados de enero, aunque, a título personal, se ha mostrado partidario de cobrar un "precio muy accesible" por acceder a las muestras del Museo. "Es importante que en épocas de crisis la gente entienda que la cultura no es gratis", ha señalado Varela, que ha asegurado que en estos momentos se está barajando "cual es la mejor opción", que incluirá el Plan Gaiás, aunque ha apostado por precios "muy accesibles", descuentos para jubilados y estudiantes y días especiales de entrada gratis. Asimismo, ha señalado que el Museo recibirá ingresos también por merchandising y catálogos.
Tal y como ha recordado Roberto Varela, el Museo de Galicia acogerá en la primavera de 2012 su primera exposición, centrada en el papel de la piedra en la historia cultural gallega. El conselleiro ha visto una "buena manera" de iniciar la actividad expositiva del museo hacerlo "con un homenaje a la historia de Galicia" a través de uno de sus "denominadores comunes", la piedra. Aunque Varela no ha querido entrar en detalle en esta exposición, comisariada por Miguel Fernández Cid, sí ha señalado que tendrá también carácter didáctico e incluirá referencias del Pórtico de la Gloria, los petroglifos gallegos o de escultores como Manolo Paz. La segunda exposición de esta infraestructura, ha recordado, será sobre el coleccionismo privado en Galicia.
A pesar de que la idea de la Xunta es hacer del Museo de Galicia y centro de "grandes exposiciones temporales" -de unos 4 a 6 meses de duración-, Roberto Varela ha recordado que las instalaciones "permiten hacer una exposición permanente", algo que está "en estudio" y "no se descarta". Roberto Varela ha hecho hincapié también en el "importantísimo almacén" con el que cuenta el Museo para guardar obras y que, tal y como han sugerido los medios, podría servir para custodiar la colección de arte de las cajas gallegas. Concretamente, Varela ha asegurado que la Cidade da Cultura y el Museo en particular "tienen las puertas abiertas" a "cualquier propuesta" y ha apostado porque "el patrimonio gallego, que está en Galicia, se quede en Galicia".
Roberto Varela ha realizado la primera visita guiada al Museo de Galicia de la Cidade da Cultura, un programa que, a partir del miércoles, permitirá a todos los gallegos que lo deseen -en grupos gratuitos previa reserva- conocer las instalaciones. Durante la visita, en la que el conselleiro ha asegurado sentirse "emocionado", Varela ha destacado la "versatilidad" del edificio, "abierto a todas las disciplinas artísticas" y en el que todo el espacio -no sólo las salas- "se presta a la exposición".
El edificio, de 17.500 metros cuadrados -de los que unos 5.000 son salas- y con una altura similar a siete pisos, se convertirá hasta primavera -cuando acoja la primera exposición- en el protagonista de las visitas. "El continente se convertirá durante unos meses en contenido", ha resaltado el conselleiro, que ha elogiado las características arquitectónicas de la construcción. Las visitas guiadas serán asimismo "experienciales", ya que contarán con actividades paralelas de danza, música y artes escénicas, ha señalado Roberto Varela.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, participou na primeira visita guiada ao edificio rematado do Museo de Galicia. Tras percorrer as instalacións, Roberto Varela asegurou que este edificio da Cidade da Cultura supón “unha obra moi importante para Galicia” e avanzou que será “un espazo aberto a todas as disciplinas artísticas”.
“Quero invitar a todos os galegos a que coñezan o Museo de Galicia”, destacou o conselleiro, que apostou por “achegarse de preto a unha obra de impresionante beleza arquitectónica e coñecela en si mesma”. O titular de Cultura e Turismo lembrou que a primeira presentación deste centro de exposicións será a través das visitas guiadas que comezarán o mércores, 2 de novembro, un proceso que continuará na segunda quincena de decembro, coa súa apertura ao público. A inauguración oficial do Museo de Galicia terá lugar nos meses de maio e xuño, coa apertura da súa primeira gran exposición, Gallaecia Petrea.
Na primeira presentación do edificio aos medios de comunicación, Roberto Varela asegurou que o Museo de Galicia “é un espazo moi versátil, concibido para acoller exposicións de gran formato, pensadas para o gran público e que terán unha duración de 4 a 6 meses”. Con todo, subliñou que “non se descarta a posibilidade de incorporar algunha mostra permanente, non pechamos ningunha porta”.
O Museo de Galicia da Cidade da Cultura comezou hoxe a recibir os seus primeiros visitantes coa posta en marcha dun programa de visitas guiadas que ten como obxectivo dar a coñecer ao público de xeito inmediato a excelencia e a beleza desta nova infraestrutura arquitectónica, que vai potenciar o atractivo cultural e turístico do complexo do Gaiás. Este novo edificio seguirá afondando no seu propósito de converter a Cidade da Cultura nun proxecto estratéxico que sitúe a Galicia nos grandes circuítos internacionais da cultura e actúe como motor das disciplinas artísticas e potenciador da creatividade da nosa terra. Dende a próxima primavera funcionará como un gran centro de exposicións e a vindeira primavera albergará a súa primeira mostra, Gallaecia Petrea.
A espectacularidade da súa fachada, os case 43 metros de altura e os seus máis de 16.000 m2 de superficie, entre outras características, fan desta infraestrutura deseñada por Peter Eisenman unha referencia arquitectónica do século XXI e unha obra de arte en si mesma, razón pola que, nesta primeira fase, o propio edificio será o obxecto de exhibición, do mesmo xeito que o teñen feito outros centros prestixiosos internacionais, como o Neues Museum de Berlín, do arquitecto David Chipperfield.
As visitas deste novo programa comezarán este mércores 2 de novembro. Serán de balde e terán lugar todos os días (excepto os luns) ás 12,00 e 18,00 horas. Os interesados poden reservar a súa praza en www.cidadedacultura.org. Os primeiros en percorrer o edificio o farán esta tarde e mañá. Serán tres grupos compostos por seguidores da páxina oficial en facebook da Cidade da Cultura (www.facebook.com/cidadedaculturadegalicia).
Nesta primeira fase, que durará ata a segunda quincena de decembro, é preciso inscribirse na web. A partir desa data, xa non será necesario reservar praza na web, posto que o recorrido polo Museo incorporarase as visitas guiadas regulares da Cidade da Cultura, as que saen todos os días ás 12.30 e ás18.30 do Punto de Información, e nas que abonda con presentarse alí para participar. Nese momento, todos os que se acheguen ao Gaiás e participen nas visitas coñecerán a Biblioteca, o Arquivo e máis o Museo de Galicia.
Cunha superficie expositiva de 6.600 metros cadrados dividida en tres plantas, o Museo de Galicia acollerá exposicións temporais de fondo calado que pola súa envergadura non poderían exhibirse noutros centros culturais galegos.
A súa primeira exposición inaugurarase en primavera de 2012: Gallaecia Petrea, e será unha das mostras máis ambiciosas organizadas en Galicia. A exposición percorrerá a historia da arte e da cultura galega a través da pedra, elemento aglutinador que levará aos visitantes ao mundos dos petroglifos, a cultura castrexa, os restos romanos, un universo abrainte no que terán cabida dende o Pórtico da Gloria ata as esculturas dos creadores galegos contemporáneos mais coñecidos.
Durante a visita ao Museo, o conselleiro de Cultura e Turismo asegurou que este proxecto expositivo, comisariado por Miguel Fernández Cid, “é a mellor forma de presentar o Museo co mellor que ten Galicia, coa historia da nosa cultura a través do seu denominador común, a pedra”.
Roberto Varela explicou que Gallaecia Petrea “recollerá as grandes manifestacións da pedra en Galicia, desde a cultura castrexa ata os nosos días”. Asegurou que a inugauración desta exposición será “un momento moi importante para Galicia”, xa que, explicou, “moitas pezas sairán por primeira vez dio seu contexto natural e poderán verse nun contexto do século XXI, o que xerará un diálogo expositivo moi interesante”.
Entre outras pezas que compoñerán a mostra, o conselleiro avanzou que haberá nela “representacións do Pórtico da Gloria, dos grandes fitos da nosa historia ou pezas de autores contemporáneos como Manolo Paz e Francisco Leiro”. Roberto Varela engadiu que “será unha exposición moi didáctica, na que haberá aulas para os nenos, un experto xeólogo que amosará como se corta a pedra e pezas audiovisuais”.
R.