28 artistas y lo más representativo de la electrónica actual, en el II Sónar Galicia

Enric Palau ha subrayado que junto a la artista británica M.I.A, el grupo Magnetic Man, James Murphy o Boys Noize, el cartel de Sónar Galicia se completará con artistas o grupos gallegos como Caino & Zinqin, Dj Sith o el pop electrónico de Colectivo Oruga. Asimismo, ha subrayado la presencia, únicamente en la edición en A Coruña, de Radioslave y Martyn. Four Tet, Underworld, Die Antwoord, Shackleton, Cut Copy, Dj Mehdi+Brodinski serán otros de los artistas participantes, junto a Buraka Som Sistema o el trío surafricano Die Antwoord serán otras de las propuestas. Como en la anterior edición, el festival se celebrará entre las 22.00 horas y las 06.00 horas y con una programación dividida en distintos escenarios. Para el viernes, se ha optado por ofrecer "grandes espectáculos en directo", mientras que el sábado "estará más orientado a la música baile", ha explicado Ricard Robles.
El alcalde de A Coruña ha reiterado el "compromiso" del Ayuntamiento herculino con este festival, mientras que el conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, ha destacado que Sónar Galicia "es más que un festival de música". "Es un laboratorio para experimentar, en el que se mezcla el arte y la música", ha añadido. Asimismo, ha recordado que la iniciativa, fruto de la colaboración entre Avanced Music y la Xunta de Galicia, se enmarca en el Año de la Música de Galicia, una celebración que, según ha señalado, está dedicada "a los nuevos músicos y la industrial musical gallega".
Las entradas se encuentran ya a la venta con precios que oscilan entre los 35 euros y los 75 euros, con un precio de 65 euros para el abono.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou no recinto de ExpoCoruña a segunda edición do Festival Sónar Galicia, froito da colaboración entre Advanced Music e a Xunta de Galicia e que terá lugar na cidade herculina os días 17 e 18 de xuño no marco das celebracións do Ano da Música de Galicia. Segundo destacou o conselleiro, Sónar Galicia 2011 amosa a “decidida vocación de permanencia do festival e converte a Galicia nun dos referentes internacionais da música electrónica”. O acto tamén contou coa participación do alcalde da Coruña, Carlos Negreira; a directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero; os dous directores de Sónar, Ricard Robles e Enric Palau; e a directora de ExpoCoruña, Ana Montes.
Na presentación, Roberto Varela recordou que a segunda edición do festival Sónar Galicia “dá cumprimento ao compromiso de continuidade que adquirimos, e consolida á cidade da Coruña como unha das capitais europeas da música electrónica, avanzada e experimental”. O conselleiro de Cultura e Turismo salientou a múltiple oferta do festival que terá lugar esta semana como “un crisol onde se mesturan música, arte e novas tecnoloxías”, ao tempo que cualificou a iniciativa como “unha magnífica oportunidade para experimentar por que camiños se está a mover a música en Galicia, en Europa e no mundo”.
En verbas do conselleiro, a celebración do festival Sónar ao abeiro do Ano da Música de Galicia representa “unha boa mostra da pluralidade coa que entendemos o Ano da Música na Consellería de Cultura e Turismo”. Para Roberto Varela, “falar de Sónar é facelo de calidade e dunha traxectoria consolidada, é falar dun nome que rompe fronteiras e convence ao público especializado en cada cita”.
Sónar Galicia 2011 destaca pola liña de traballo marcada pola Xunta de Galicia e a organización do festival para a expansión do talento galego polo mundo, programando aos seus máis destacados representantes en todas as citas do Sónar para este 2011. A este respecto, o responsable de Cultura e Turismo subliñou o traballo da Xunta de Galicia na posta en valor “do noso patrimonio musical, a tradición e a música de base sen darlle as costas á modernidade e á diversidade”. Roberto Varela destacou “a capacidade dos músicos de Galicia para renovarse e adaptarse aos novos tempos, sen esquecer nunca as raíces e a identidade”. Do mesmo xeito, recordou que a programación do Ano da Música de Galicia “está especialmente dedicada aos nosos músicos e á nosa industria musical”, ofrecéndolles a oportunidade de amosar “o seu talento e creatividade dentro e fóra da nosa terra”.
Na súa intervención, o conselleiro de Cultura manifestou a súa satisfacción por “poder contribuír a que o traballo dos nosos músicos gañe en visibilidade e relevancia”. Deste xeito, lembrou como “os eventos previos, celebrados en Londres e Tokio, xa posibilitaron que varios artistas galegos levaran os seus sons aos públicos doutras latitudes”. Do mesmo xeito, anunciou que “os nosos músicos terán un protagonismo fundamental nos escenarios de ExpoCoruña e na sede de Barcelona”.
A programación de Sónar Galicia 2011inclúe un cartel de 28 actuacións de primeiro nivel composto por varios dos máis destacados artistas do panorama internacional da actualidade. Nomes do talle de M.I.A., Magnetic Man, James Murphy, Four Tet, Cut Copy, Richie Hawtin, Martyn, James Holden, Shackleton, Buraka Som Sistema, Underworld, Boys Noize destacan entre as figuras máis destacadas que se darán cita en ExpoCoruña o 17 e 18 de xuño. Asemade o propio Richie Hawtin, Martyn, Radioslave e Dj Mehdi + Brodinski son os artistas internacionais de Sónar que actuarán en exclusiva na edición da Coruña.
O festival presenta unha decena de artistas que amosan a vitalidade e amplitude xenérica da vangarda musical galega. A aposta por dar a coñecer o máis interesante do talento galego volve a ser un dos eixos fundamentais do festival, coa inclusión na programación do proxecto de pop electrónico Colectivo Oruga, a proposta audiovisual de Caino & Zinqin, o funk orgánico de DJ Ino & La Keise Band e a sabedoría e versatilidade dos djs Judah, Galis 115, Dj Sith, Mr. Fishman aka Dr. Think, Wasilkoski e Ningunos Djs. Ademais de reflectirse en Sónar Galicia, este ano o festival contribúe á expansión do talento galego polo mundo, programando a varios dos seus máis destacados representantes en todas as citas do festival para este 2011: Sónar Barcelona con Noaipre, Xesús Valle, Judah e DJ Sith, este último xunto a David M; SonarSound Tokyo con BFlecha e MwësLee; e A Taste of Sónar en Londres, de novo con Noaipre.
Por outra banda, Finisterrae, a película que deu imaxe a Sónar 2010, con especial protagonismo para Galicia, recibiu recentemente o máximo galardón no 40º Festival Internacional de Cine de Rotterdam, e foi seleccionada para outros 30 festivais cinematográficos de todo o mundo, de Arxentina a Corea, pasando por Dinamarca, México, Rusia ou Australia.
Información práctica
Os prezos e os lugares de compra das entradas para Sónar Galicia 2011 son os seguintes:
- Abono: 65€
No despacho de billetes do festival: 75€
Válido para acceder a todos os concertos do festival.
- Entrada venres 17: 35€
No despacho de billetes do festival: 45€
- Entrada sábado 18: 35€
No despacho de billetes do festival: 45€
As entradas pódense adquirir a través dos enderezos electrónicos www.ticketmaster.es e www.caixagalicia.es e tamén nas tendas da rede Ticketmaster. Ademais, están á venda nos números 902 150 025 (Ticketmaster) e no 902 434 443 (Caixa Galicia).
Fotografía: archivo.
R.