El DJ Richie Hawtin se incorpora al cartel del Sónar Galicia 2011

O festival Sónar Galicia 2011, froito da colaboración entre Avanced Music e a Xunta de Galicia e que terá lugar o 17 e 18 de xuño na Coruña vén de incorporar á súa programación ao produtor e dj canadiense Richie Hawtin, figura clave do techno das últimas décadas. Richie Hawtin presentará un espectáculo audiovisual no que mesturará producións propias con temas alleos servíndose das últimas aplicacións de hardware e efectos para djs.
O produtor e dj canadense ofrecerá o seu set de alta precisión rítmica e tecnolóxica no Sónar Galicia o vindeiro sábado 18 de xuño no que será o seu único espectáculo este ano en festivais españois. O espectáculo vai máis alá dunha simple sesión de dj incorporando os elementos audiovisuais como peza indisociable da súa proposta en vivo e como extensión natural do seu discurso musical.
O carisma e o talento de Richie Hawtin xa destacaban a principios dos 90, cando comezou a publicar os seus primeiros discos como Cybersonik, F.U.S.E. e Plastikman, e a súa figura non deixou de crecer en todos estes anos ata establecerse como unha figura relevante do techno contemporáneo e un dos artistas máis importantes da actualidade. Richie Hawtin conta coa aprobación do público xeralista a través dun estilo que altera as regras do seu propio xénero para levalo a un novo nivel.
Deste xeito, o dj canadense figura entre os creadores que van un paso ‘máis alá’, entre os que destacan bandas como Depeche Mode, Kraftwerk ou Daft Punk. A reciente edición de Arkives, un recompilatorio que reúne todos os seus discos e traballos audiovisuais como Plastikman, non fan máis que confirmar a Hawtin como unha figura imprescindible para comprender a evolución e o futuro da música techno.
Nacido en Banbury (Oxfordshire, Inglaterra) en 1970 mudouse aos 9 anos coa súa familia a Windsor (Ontario, Canadá), moi cerca de Detroit, cidade de orixe do techno tal e como o coñecemos hoxe. Interesado desde moi novo pola arte de vangarda e a tecnoloxía, a influencia de Detroit foi capital nos seus primeiros pasos como produtor e dj, marcados por un son contundente. Nembargante, moi pronto comezaría a atopar un discurso estético e sonoro moito máis persoal, no que o minimalismo e unha imaxe despoxada de calquera artificio xogaron un papel fundamental.
Coa chegada do novo século, Richie Hawtin entrou nunha segunda fase de ambición creativa. Coa estética minimalista perfectamente moldeada, a través do seu novo selo M_nus, fundado en 1998, a súa preocupación concentrouse no sector tecnolóxico. Foi dos primeiros en incorporar o ordenador portátil nos seus sets, a investigar as posibilidades do formato mp3 e a perfeccionar e usar novos programas para mesturar e crear son como Final Scratch o Ableton Live. Nos últimos anos, coa explosión do minimal techno alemán e a súa nova residencia en Berlín, Richie Hawtin alterna sesións masivas de carácter máis hedonista coa súa incansable investigación nas novas tecnoloxías. Asemade o dj canadense explora as posibilidades da rede social Twitter como ferramenta de comunicación entre dj e público e articula un novo concepto de directo para a súa volta aos escenarios como Plastikman, cuxa xira tivo un dos seus momentos álxidos en Sónar 2010.
As últimas incorporacións ao cartel do Sónar 2011 como Shackleton, James Holden, The Gaslamp Killer completan unha programación que inclúe aos máis destacados artistas do panorama da música da actualidade. O Festival Internacional de Música Avanzada, que tamén se celebrará en Barcelona entre o 17 e o 18 de xuño, levará á cidade herculina a M.I.A., unha figura clave no panorama actual da música electrónica que ofrecerá en Sónar as súas únicas actuacións deste ano en España. Ao cartel de Sónar Galicia tamén se suman o sudafricano Die Antwoord, que presentará a súa proposta musical na que se atreve co rap, o pop ou o eurobeat, e os australianos Cut Copy. Xunto a eles tamén estarán Boys Noize que presentarán un potente show audiovisual, e Buraka Som Sistema.
En 2011, Sónar Galicia combinará grandes shows de artistas internacionais de recoñecida traxectoria con propostas de corte vangardista e experimental, sempre poñendo unha mirada atenta sobre a musica feita en Galicia. Por segundo ano consecutivo, A Coruña será o escenario de máis de vinte actuacións, entre concertos e DJ’s, de artistas do panorama nacional e internacional. Magnetic Man, a primeira mega-banda da xeración dubstep, será unha das grandes atraccións desta nova edición do festival, tanto na Coruña como en Barcelona. Este trío británico, composto polos produtores e DJ’s Benga, Skream e Artwork, é considerado como a primeira formación de dubstep para as masas. Xunto a Magnetic Man, no cartel de Sónar Galicia tamén destaca o grupo Underworld, unha das formacións máis importantes na historia da música electrónica, ou Salem.
Información práctica
Os prezos e os lugares de compra das entradas para Sónar Galicia 2011 son os seguintes:
- Abono: 65€
En taquillas do festival: 75€
Válido para acceder a todos los concertos del festival.
- Entrada Viernes 17: 35€
En taquillas del festival: 45€
- Entrada Sábado 18: 35€
En taquillas del festival: 45€
- Puntos de venda
Os medios habilitados son vía online a través dos enderezos electrónicos www.ticketmaster.es e www.caixagalicia.es. Por teléfono desde España: Ticketmaster: 902 150 025 / Caixa Galicia: 902 434 443; desde o estranxeiro: +34 932 752 294. Tamén nas tendas da rede Ticketmaster.
R.