Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El cine de la II República, a debate en el congreso Aurora e melancolía que se celebra en la Facultad de Comunicación Compostela del 10 al 12 de marzo

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:

Especialistas chegados de toda España e doutros países como Francia, Holanda ou México, ata un máximo de 300 asistentes, asistirán a ‘Aurora e melancolía. O cine español durante a II República (1931-1939)’, título do décimo terceiro congreso da Asociación Española de Historiadores do Cine (Aehc). O simposio terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago do 10 ao 12 de marzo vindeiros baixo o patrocinio da USC. De feito, a catedrática da universidade compostelá Margaria Ledo é a responsable do comité organizador, mentres que a presidencia do congreso recae no director e produtor Eduardo Ducay.

O prazo para a inscrición de asistentes está aberto ata o luns 7 de marzo, sendo a matrícula de balde para os alumnos procedentes das tres universidades galegas. Porén, o período de recepción dos textos pechouse o pasado 10 de xaneiro e está previsto que o vindeiro 28 de febreiro se coñeza o programa definitivo do congreso.

Respecto á temática seleccionada para estas xornadas, o presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine, Julio Pérez Perucha, sinala que “ o cine que se produce no período comprendido entre os anos 1931 e 1938 aparece como unha experiencia chea de fugaces singularidades”. Dáse ademais a circunstancia de que a celebración deste décimo terceiro congreso coincide coa conmemoración durante este ano do oitenta aniversario da II República, “polo que era de obrigado cumprimento que se sometera a consideración este período” explica o responsable da Aehc na web do congreso: http://www.estudosaudiovisuais.org/congreso-aehc.

O programa inclúe, ademais dos relatorios e comunicacións presentadas, outras actividades paralelas, entre as que cabe salientar a concesión das Medallas de Ouro que cada ano concede a asociación de historiadores a destacadas personalidades do cine español.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información