Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El Centro Coreográfico Galego abre con el espectáculo Etheria, a viaxe soñada el ciclo Cartografías de la Danza en Madrid

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Centro Coreográfico Galego (CCG) viaxa a Madrid onde o xoves 24 de febreiro abre a programación do ciclo Cartografía de la Danza co seu espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) presentará no Teatro de Madrid, espazo especializado na exhibición coreográfica, esta peza creada e dirixida por Mercedes Suárez que une danza e videocreación para se achegar á historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.

O CCG foi convidado a participar nesta oitava edición da mostra que organiza ata o 6 de marzo a produtora Artibus, xestora do Teatro de Madrid, co obxectivo de ofrecer un panorama da actual escena coreográfica española nos seus máis diversos estilos: danza clásica, contemporánea, urbana e flamenco, entre outros. A do Centro Coreográfico será a primeira das sete propostas que ofrece esta carteleira, na que figuran así mesmo as compañías Lapedroche, Pilar Vilanueva Lan1, Provisional Danza ou Dani Pannullo.

En Etheria, a viaxe soñada, Mercedes Suárez deseñou unha peza audaz e dinámica pola súa capacidade de combinar de xeito fluído as representacións da historia milenaria con elementos da máis cotiá actualidade, a simboloxía clásica cos patróns máis contemporáneos, reivindicando así o espírito universal e atemporal das grandes viaxes ao longo da historia da humanidade e da mitoloxía.

A montaxe, que interpretan 12 bailaríns e bailarinas de distintas procedencias xeográficas e disciplinas, conta igualmente coas achegas de destacados profesionais e artistas galegos, como é o caso da vocalista Rosa Cedrón, quen interpreta en directo un dos temas do espectáculo. Outras colaboracións destacadas son as de Isaac Garabatos, compositor da música executada polo grupo ISGA Collective; Antonio F. Simón, deseñador da escenografía e iluminación; e Marcos Garabán, do vestiario.

A acción sitúase na viaxe de volta de Oriente Medio a Gallaecia da protagonista. Etheria sinte o impulso interior de emprender unha viaxe ao exterior, empurrada pola súa ousadía e polas súas convicións na fe e nas máximas de Prisciliano, personaxe que se adiviña na trama. Á vez, Prisciliano protéxea no seu periplo das tentacións terreais, sempre personificadas na figura simbólica do sátiro, coa que se fai un aceno ás relacións humanas establecidas na peregrinación e que transcenden o seu espírito relixioso.

A bailarina Irene Rubio interpreta por medio da danza todas as dimensións de Etheria: a súa crenza no movemento priscilianista, a súa procedencia nobre, o seu forte carácter e a súa instruída formación. Todo o corpo de baile (que completan Ariel Caramés, Miguel Ángel Ponte, Elena Chamorro, Fátima Fernández, Beatriz Garrido, Ástrid Molinero, Lucía Antonella Sampieri, Pablo Aradillas, Juan Miguel Hernández, Pastor Rodríguez e Carlos Ugarriza) leva a cabo unha actuación que une plasticidade, precisión e sentimento en secuencias coreográficas de gran forza, tanto nas escenas corais coma nos pas de deux que se executan.

A montaxe audiovisual que se proxecta no fondo do escenario –que aparece practicamente limpo para a súa total entrega ao baile– contribúe de xeito decisivo á construción da paisaxe de imaxes e localizacións que evoca o argumento e que traslada o espectador ás distintas latitudes xeográficas que visita Etheria.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información