Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

La Biblioteca y el Archivo de la Cidade da Cultura de Galicia se inauguran el 11 de enero de 2011

Según ha explicado el Ejecutivo autonómico, la Cidade da Cultura de Galicia inicia así una "nueva y esperanzadora etapa" que la llevará "a convertirse en una ciudad para el conocimiento y la creatividad", que permitirá a Galicia "afrontar los desafíos del futuro". La Xunta ha asegurado que "la prioridad" es abrir el Gaiás a la ciudadanía y desplegar todos los servicios del Arquivo y de la Biblioteca que le son propios, hasta alcanzar "su pleno funcionamiento". Para esto, "reforzará la presencia de las nuevas tecnologías con el traslado del centro del proceso de datos integral, que permitirá además "optimizar el gasto en el sector".

Asimismo, la puesta en marcha del edificio estará acompañada "de un completo programa de actividades culturales" que incluye exposiciones, seminarios internacionales e intervenciones artísticas "de primer nivel", como las muestras 'Ex libris Gallacea. Dos libros de Galicia' o la obra fotográfica de Candida Höfer, Espazos sonoros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia vén de confirmar a data de inauguración oficial dos edificios da Biblioteca e do Arquivo da Cidade da Cultura. Será o martes 11 de xaneiro de 2011, unha data (11-1-11) que o Goberno galego cualifica como “histórica” para Galicia. A Cidade da Cultura de Galicia inicia así unha nova e esperanzadora etapa. Despois dun coidadoso proceso construtivo, dous dos seis edificios previstos foron xa rematados e é o momento de que esta magnífica infraestrutura cultural comece a percorrer o camiño que a levará a converterse nunha “cidade” para o coñecemento e a creatividade, que permita a Galicia afrontar os desafíos do futuro.

Coa inauguración oficial da Biblioteca e o Arquivo iníciase un tempo no que os galegos poderán sentirse orgullosos de contar con espazos de excelencia dedicados ao seu patrimonio bibliográfico e documental e, por tanto, ao coñecemento e a memoria colectiva. A prioridade da Xunta de Galicia é abrir o Gaiás á cidadanía e ir despregando todos os servizos do Arquivo e da Biblioteca que lle son propios ata alcanzar o seu pleno funcionamento. O Goberno galego segue adiante no seu esforzo por xuntar cultura e vangarda, reforzando a presenza das novas tecnoloxías na Cidade da Cultura co traslado do Centro do Proceso de Datos Integral, que permitirá ademais optimizar o gasto no sector.

A posta en marcha da Biblioteca e o Arquivo da Cidade da Cultura de Galicia estase a acompañar dun completo programa de actividades culturais que inclúe exposicións, seminarios internacionais e intervencións artísticas de primeiro nivel. Desde o mes de xullo, os participantes no Programa de Visitas poden achegarse á exposición permanente “Peter Eisenman. A Cidade”, que permite “ler” a arquitectura da Cidade da Cultura e seguir as liñas que marcan e organizan o conxunto: seis grandes edificios que interactúan uns cos outros como se fose unha única obra, un gran sexteto. Comisariada por Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luis Axeitos, a exposición “Ex libris Gallaeciae. Dos libros de Galicia” amosa tamén no Arquivo unha aproximación á identidade de Galicia a través de crónicas manuscritas, libros impresos e documentos que, polo seu valor histórico, literario, legal ou científico contribuíron á construción do que hoxe entendemos como “galeguidade”. Do mesmo xeito, a Biblioteca de Galicia acolle desde o mes de outubro parte da exposición fotográfica “Espazos propios” de Cándida Höfer.

Como espazo de reflexión, a Biblioteca de Galicia foi o lugar escollido para a celebración do encontro internacional “Pasado, presente e futuro das bibliotecas”, que contou con expertos como o pensador italiano Claudio Magris, Premio Príncipe de Asturias das Letras, o poeta e ex ministro de Cultura César Antonio Molina, ou Román Gubern, profesor Emérito da Universidade Autónoma de Barcelona.

Nesta liña de actuación, o edificio do Arquivo de Galicia acolleu entre o 18 e o 19 de novembro o seminario internacional “O futuro da memoria. Patrimonio arquivístico e dixital”, un encontro que contou coa participación de 120 especialistas nacionais e internacionais.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información