El Centro Dramático Galego presenta una versión de la obra teatral Salomé que la acerca a la cultura popular

Carlos Santiago señaló que los principales temas de la adaptación son la "dialéctica del poder", mostrando la "doble cara", pública y privada, de los políticos, y la reflexión sobre la "condición femenina" y su relación con el poder. El director afirmó que la adaptación del texto original fue "difícil", puesto que éste era un texto "complicado", y se tomó la decisión de reducir los 15 actores originales a un reparto de seis profesionales.
La obra es protagonizada por la actriz gallega María Mera en el papel de Salomé. Mera, la única de los seis actores de la obra que intervino en la rueda de prensa, afirmó que la obra es "importante" para ella. Pese a que la gallega ha trabajado anteriormente en televisión, como modelo y azafata, esta supone su primera incursión en una obra teatral de esta categoría. La actriz aprovechó su intervención para alabar al director de la obra.
El conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presente en la rueda de prensa, afirmó que la obra es una muestra del "mejor teatro gallego" y agradeció la labor del equipo artístico y técnico involucrado en su realización. Quiso destacar que pese a que los tiempos "no son fáciles", la existencia del CDG "está justificada". El conselleiro alabó tanto la entrega del equipo artístico y técnico como la propia obra Salomé, que él dijo muestra "la grandeza y miseria de la condición humana, y que afirmó conocer sobre todo por la adaptación a ópera a cargo de Richard Strauss.
Tras su estreno, con tres funciones, la obra permanecerá en cartel en el Salón Teatro de Santiago de Compostela hasta el domingo 19 de diciembre. El local acogerá a cinco representaciones semanales, de las cuales dos estarán reservadas a escolares y el resto se ofrecerán al público general. Posteriormente, el CDG inciará una gira por diez ayuntamientos gallegos: Vigo el día 8 de enero, O Barco de Valdeorras (Ourense) el 14 de ese mes, Vilagarcía (Pontevedra) el 4 de febrero, Lugo el 10 de febrero, Tui (Pontevedra) el 18 de febrero, Pontevedra el 21 y 22 de ese mismo mes, Narón (A Coruña) los días 25 y 26 de febrero, A Coruña el 4 y 5 de marzo, Ourense el 12 y 13 de marzo y por último Ferrol (A Coruña) el 17 y 18 de ese mes. La obra se interpretará también en tres teatros portugueses, en las localidades de Gimaraes, Tondela y Braga, en el mes de enero. La compañía representará por última vez Salomé entre los días 23 y 26 de marzo, de vuelta en Santiago de Compostela.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou no Salón Teatro de Santiago o espectáculo Salomé, nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) realizada a partir da obra de Oscar Wilde con dirección de Carlos Santiago, que será estreada o venres día 26 de novembro, ás 21.00 horas, neste mesmo escenario. Segundo sinalou Roberto Varela, a posta en escena ideada polo director galego achéganos unha “moi especial” revisión da traxedia escrita polo gran dramaturgo irlandés, dando boa conta do “mellor que o teatro galego pode ofrecer”.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Juan Carlos Fernández Fasero; a directora do CDG, Blanca Cendán; o propio Carlos Santiago e a actriz María Mera, quen interpreta a Salomé, interviñeron tamén nesta presentación, durante a que o titular de Cultura avanzou a extensa xira de tres meses que a compañía pública desenvolverá con este espectáculo trala súa exhibición en Santiago, onde permanecerá ata o 19 de decembro. Serán, en total, 42 as representacións que se desenvolverán en 11 escenarios galegos e 3 portugueses ata finais de marzo de 2011.
O conselleiro recoñeceu a entrega de todo o equipo artístico e técnico involucrado en Salomé e agradeceu, así mesmo, a confianza dos responsables dos espazos escénicos nos que se materializará a ampla distribución desta proposta, coa que se inaugura sobre as táboas o plano de produción teatral da nova etapa emprendida polo Centro Dramático Galego baixo a xestión de Blanca Cendán. “A pesar de que os tempos non son doados, os principais obxectivos cos que se fundou o CDG e que, a día de hoxe, xustifican a súa permanencia, están salvagardados”, asegurou.
A través dunha posta en escena arriscada, o espectáculo ofrece unha lectura máis satírica e política do episodio biblíco recreado por Oscar Wilde, mantendo o simbolismo e o ton poético orixinais, pero eliminando os exotismos orientais e as interpretacións relixiosas. Nesta versión, a traxedia segue acontecendo en Galilea, pero nun contexto contemporáneo e máis próximo ao espectador, aínda que de carácter fantástico. Á parte deste anacronismo premeditado, a adaptación ao galego de Pepe Sendón é fiel ao texto orixinal, de xeito que incide no retrato descarnado das paixóns humanas asinado polo autor dublinés, así como na súa crítica ao poder e ao puritanismo moral.
María Mera, Pepe Penabade, María Salgueiro, Hugo Torres, Marcos Correa e Alberte Cabarcos compoñen o elenco interpretativo de Salomé, seleccionado integramente mediante audición pública. Estes seis actores e actrices constitúen un reparto equilibrado e homoxéneo que da vida os 15 personaxes da historia. No equipo artístico, Carlos Santiago tamén contou coas achegas de creadores e profesionais de recoñecido prestixio como Víctor Mosqueira na codirección, Fran Pérez (Narf) na banda sonora, Pancho Lapeña na escenografía, Baltasar Patiño no deseño de iluminación, Cloti Vaello no deseño de vestiario, Fausto Isorna no deseño gráfico, Uxía Vaello na coreografía e Fany Bell no deseño de maquillaxe.
Dentro da obra dramática de Oscar Wilde, Salomé ocupa un lugar singular. Fronte ás comedias de ton irónico e sutil que lle deron éxito e fama na época, como Unha muller sen importancia, O abano de Lady Windermere, Un marido ideal ou A importancia de ser Severo (The Importance of Being Earnest), o dramaturgo escolleu nesta peza un episodio evanxélico para crear unha traxedia de fondo escabroso arredor do conflito mítico entre Eros e Tánatos.
A acción, que transcorre nun único acto, sitúase no país mítico de Galilea, onde o tetrarca Herodes Antipas celebra o seu aniversario cun banquete organizado na súa honra pola alta sociedade xudía. Nas traseiras do evento, o equipo de produción traballa baixo o luar incomodado pola voz iracunda de Iokanaan, profeta popular e mesiánico sometido a dura prisión no cortello dos porcos, onde o tetrarca adoita facer desaparecer os seus peores inimigos. Mesmo así, Iokanaan non se farta de denunciar a corrupción e inmoralidade que envolve o goberno de Herodes.
As palabras terribles do profeta chaman a atención de Salomé, fillastra de Herodes, moza de virxinal beleza por quen suspira toda a corte, incluído o seu padrasto, que sente por ela unha paixón inconfesable e politicamente comprometida. Salomé, celosa da súa virxindade pero posuída por escuras paixóns, encapríchase de Iokanaan e desencadea unha sanguenta traxedia.
Esta é a segunda ocasión na que a compañía pública leva aos escenarios este mito do teatro, que xa estreara en 1989 con dirección compartida de Roberto Vidal Bolaño e John Eastham. Daquela, tratouse dunha coprodución entre o CDG e Chévere que significou unha apertura do teatro galego a novas linguaxes coma o pop ou o cómic e a unha nova xeración de actores.
Despois da fin de semana de estrea (venres 26 ás 21.00 horas, sábado 27 ás 20.30 h e domingo 28 ás 18.00 h), Salomé permanecerá no Salón Teatro ata o domingo 19 de decembro con cinco funcións semanais. Os mércores e os xoves ás 11.00 horas desenvolveranse as funcións dirixidas a escolares, mentres que as representacións para público xeral terán lugar os venres e sábados ás 20.30 h e os domingos, día do espectador, ás 18.00 h, así como o mércores 8 ás 20.30.
A continuación, o CDG iniciará unha extensa xira que levará este espectáculo a outros dez concellos galegos ata completar unha corentena de funcións no mes de marzo: Centro Cultural Caixanova de Vigo (8 de xaneiro), Teatro Lauro Olmo do Barco (14 de xaneiro), Auditorio Municipal de Vilagarcía (4 de febreiro), Auditorio Gustavo Freire de Lugo (10 de febreiro), Teatro Municipal Área Panorámica de Tui (18 de febreiro), Teatro Principal de Pontevedra (22 e 23 de febreiro), Pazo da Cultura de Narón (25 e 26 de febreiro), Teatro Rosalía da Coruña (4 e 5 de marzo), Teatro Principal de Ourense (12 e 33 de marzo) e Teatro Jofre de Ferrol (17 e 18 de marzo).
Ademais, a obra viaxará a Portugal, en concreto ao Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (22 de xaneiro), Teatro Acert de Tondela (26 de xaneiro) e Teatro-Circo de Braga (28 e 29 de xaneiro). Finalmente, o período de exhibición de Salomé rematará no Salón Teatro, onde do 23 ao 26 de marzo se desenvolverán outras catro novas funcións.
Neste momentos está xa dispoñible a venda anticipada de entradas para as funcións en Santiago a través da billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e do teléfono 902 43 44 43. No despacho de billetes do Salón Teatro poderán adquirirse os venres e sábados de 18.30 a 20.30 horas e os domingos de 16.00 a 18.00 horas. O prezo das localidades é de 10 euros para as funcións de venres e sábado (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados) e de 5 euros para o domingo, día do espectador.
R.