Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ónfalo Teatro presenta en Compostela la obra Na meta (sálvese quen poida)

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro de Santiago acolle o venres día 17 e o sábado 18 de setembro ás 20:20 horas a representación de Na meta (sálvese quen poida), unha montaxe de Ónfalo Teatro en coprodución coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia que, en clave de humor, reflexiona sobre o éxito e o fracaso, sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Con dramaturxia e dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá, e interpretada por Rut Balbís, Luísa Merelas e Toni Salgado, a compañía lucense pon en escena esta peza do dramaturgo austríaco Thomas Bernhard, que se traduce por primeira vez á lingua galega.

Estreada no pasado mes de xullo na MIT, esta comedia negra combina a acción escénica coas linguaxes da danza, a instalación, a performance, o clown, a acrobacia e outros recursos que enriquecen a súa plasticidade e afían o significado da obra. Para a posta en escena, Ana Contreras asumiu tamén o deseño da iluminación e o espazo sonoro, Diego Costa asinou a escenografía e o vestiario e Rut Balbís encargouse das achegas coreográficas.

En Na meta, unha nai de moito xenio saca a súa metralladora verbal e fai saltar polos aires algúns dos piares da sociedade. A nai viúva e a filla solteira reproducen dinámicas de dependencia, tiranía e submisión. Un escritor novo, que acaba de triunfar no teatro, diríxese cara á meta das dúas espectadoras que orquestran esta comedia cáustica.

A obra de Thomas Bernhard está sustentada en dous piares: a musicalidade e o humor. A primeira ten que ver coa forma, a enunciación de frases, a repetición e variación, o desenvolvemento, o ritmo, a respiración e cadencias. A montaxe de Ónfalo traslada estes conceptos sonoros á imaxe plástica e dinámica do espectáculo, de modo que guían tanto a escenografía como a composición lumínica e o movemento coreográfico.

Con respecto ao segundo piar, Bernhard ten de si mesmo a imaxe do vello bufón. O seu humor baséase en dicir a verdade da maneira máis crúa. Por iso é un humor amargo, traxicómico, porque parte da exposición das nosas máis profundas miserias. Pero, aínda que escaravelle no horror, a súa obra segue sendo humorística. O riso constitúe en si mesmo unha posibilidade de redención a través do coñecemento e do recoñecemento.

Aparentemente, esta peza de teatro contemporáneo carece de argumento. No transcurso da acción, asistimos en tempo sincrónico a dous momentos dun mesmo día na vida de dúas mulleres, nai e filla, que invitaron un escritor e van de viaxe. O importante non é o que fan neste momento –preparar a equipaxe–, senón o que contan, toda a peripecia vital, revisada obsesivamente, que as levou a este instante de decrepitude e esperanza.

As accións que se relatan en Na meta (sálvese quen poida), presenciadas, producirían arrepío, terror e piedade, pero a meta fica a unha distancia suficiente dos chanzos como para observar o camiño terrible con humor. A sinceridade de Bernhard fascina porque constitúe un ataque mordaz a valores tradicionais como son a familia, a maternidade, a rendibilidade económica, a virilidade, a feminidade, o triunfo ou a beleza. Bernhard inverte a típica relación na que se funda a comicidade e o riso, froito dunha relación estreita entre un obxecto risible e un suxeito que ri. Nesta dramaturxia os personaxes non son obxectos risibles senón actores suxeitos cuxa acción é o discurso, co que se ispen expoñéndose sen pudor. As palabras crean a distancia necesaria para o humor e a musicalidade do seu corpo, o das palabras, propicia o achegamento.

Ónfalo Teatro é unha compañía de teatro profesional fundada en xaneiro de 2009 por Ana Contreras (licenciada en Dirección Escénica pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, onde exerce, actualmente, a docencia) e por Afonso Becerra de Becerreá (licenciado en Dramaturxia e Dirección polo Institut del Teatre de Barcelona e actualmente profesor titular da Escola Superior de Teatro de Galicia), co obxectivo de crear un teatro de calidade que chegue a todos os públicos. En novembro de 2009 estrearon o seu primeiro espectáculo, Neuras, de M.X. que acadou un grande éxito en todos teatros polos que pasou.

As entradas para as dúas representacións de Na meta poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da función. Poden adquirirse tamén por adiantado na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e a través do teléfono 902 43 44 43. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información