Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Del 25 de septiembre al 2 de octubre Lugo acoge su XXXII Semana Internacional de Cine

Nota de prensa Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá/Galiciadigital.com:

Nun acto celebrado na Deputación Provincial de Lugo, foi presentada oficialmente a Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, na súa edición númrero XXXII. A primeira semana celebrouse en 1979, e desde entón o outono lucense ten como singular punto de referencia cadansúa Semana de Cine de Autor.

A semana está organizada polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, cos patrocinios ou apoios de Deputación Provincial de Lugo (Vicepresidencia 1ª), Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Xacobeo, Caixa Galicia, Universidade de Santiago-Campus de Lugo, Colexio de Arquitectos, e a plataforma en internet Galicia Digital.

Durante a celebración da Semana Internacional de Cine de Autor, será estreado o documental realizado en Arxentina e producido por Fonmiñá, sobre a vida e obra de Enrique Muíño, titulado “Les voy a contar mi vida”. Este aborioso traballo de investigación está dirixido por Federico Santillana, cun guión do propio director e de Manuel Curiel Fernández (Director da Semana de Cine de Lugo). A realización de dito documental e a súa estrea en España, coincidindo coa Semana de Cine, forma parte das homenaxes que a Semana brindará ao Gaucho Galego Enrique Muíño. Igualmente as películas do ciclo dedicado a Enrique Muíño foron subtituladas ao galego para unha mellor comprensión dos seus diálogos. A subtitulación foi igualmente realizada en Arxentina.

Actuación de Achádego

O acto de presentación comezou cunha representación do grupo de teatro Achádego, colaborador da Semana, que na explanada diante da Deputación efectuou unha posta en escea orixinal do propio grupo relativa ó impacto dunha producción cinematográfica de Hollywood na capital lucenses, na que se reflicte a revolución causada por esta película nos diversos estamentos cidadáns lucenses. Tradicionalmente, Achádego colabora coa Semana, xa creando pequenas obras con referencias cinematográficas para o momento da presentación, xa caracterizando personaxes da historia do cine que, paseando pola capital lucense, difunden a Semana de Cine e o cine mesmo.

Presentación oficial

Seguidamente, no salón de actos da Deputación Provincial presentouse a Semana nun acto no que interviu Antón Bao (Vicepresidente 1º da Deputacióh), como anfitrión, estando presentes Nuria Mundiña, Concelleira de Cultura, en representación do Concello de Lugo; Marta Barreiro Castro, Xefa territorial de Presidencia, en representación da Xunta de Galicia e o Xacobeo; Sinesio Pérez, Director en Lugo da Fundación Caixa Galicia; e Pedro García Herradón, Vicerreitor e Pablo Ramil, director do Ibader, en representación da Universidade. Polo grupo organizador interviñeron Manuel Curiel Fernández, Director da Semana de Cine, e Xulio Xiz, Presidente do grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

Para coñecer detalles da Semana, ofrecémoslles ampla información na páxina do Grupo organizador, www.fonmiña.es.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información