Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

El espectáculo Life is a paripé, de Obras Públicas, abre la temporada en el Salón Teatro de Compostela

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro de Santiago inaugura o venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas, Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así un novo ciclo de programación cuadrimestral, que será presentado publicamente o xoves día 9.

A formación compostelá Obras Públicas propón con este espectáculo un novo xénero de teatro, o paripé, onde a parodia e o humor deben ser rescatados dos bares e levados de volta aos teatros. César Goldi, Mos e Iolanda Muíños compoñen o trío interpretativo desta montaxe dirixida polo gañador de dous premios Max José Prieto na que –segundo a propia compañía– mesturan en proporcións similares música (33%), teatro (33%) e cachondeo (33%), o que dá un total final de cen por cen de “paripé”.

Life is a paripé está estruturada en once “sketches” que convidan a reflexionar sobre o que somos e o que aparentamos ser: Desfile de moda sexual, Reencontro de amantes, A castración de Manolo, O verdadeiro “Jamlet”, Campións de zapping, Balada punkie para Cecilia, Drama do Actors Studio, A poetisa Sinforosa Prados, Zarzuela de gilipollas, Netos de Peter, Paul and Mary e Os nenos do Muro de Pink Floyd.

As entradas para as dúas representacións de Life is a paripé poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo da actuación. Ademais, poden adquirirse por adiantado na billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es e no teléfono a través do teléfono 902 43 44 43 begin_of_the_skype_highlighting              902 43 44 43      end_of_the_skype_highlighting. O prezo das localidades é de 10 euros (cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados).
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información