La XXXI Bienal de Arte de Pontevedra abre sus puertas y se convierte en un foro abierto

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou, na XXXI Bienal de Arte de Pontevedra, o papel dos artistas galegos e afirmou que “o seu galeguismo aberto séguenos guiando nos días de hoxe”. “Próbao –dixo- esta Bienal de Arte de Pontevedra, que non soamente se abre para converterse nun escaparate artístico internacional, senón tamén para atraer valores que non nos son propios, pero que poden engordar a nosa forza vital”.
Feijóo afirmou que os artistas se caracterizan por enxendrar novos ritmos, entusiasmar nunha época determinada e sumar as súas achegas á eternidade da arte e engadiu que “unha cultura accesible, diversa, plural, vangardista e de calidade converte o lastre da desesperanza nun motivo de optimismo”.
No tocante á exposición da Bienal de Arte, o presidente do Goberno galego subliñou dous grandes acertos: “o primeiro deles –explicou- ten que ver cos lazos que historicamente nos uniron a Centroamérica e o Caribe, estou seguro de que a pegada galega que os nosos emigrantes deixaron en Cuba, na República Dominicana ou en Panamá nos farán algo máis cercanas e familiares estas obras de arte”.
Como segundo acerto destacou a decisión de converter Galicia en compañeira de viaxe de artistas quizais non moi coñecidos polo público menos especializado. “Este enriquecemento cultural activo é sempre responsabilidade obrigada das institucións públicas, pero máis aínda nestes tempos de crise nos que calquera manifestación cultural asume un papel silencioso, pero fundamental”.

R.