Xacobeo 2010: Fito & Fitipaldis y La Cabra Mecánica, en Pontevedra, y Mercedes Peón y Emilio Rúa, en Vigo

El último álbum de la banda salió a la luz en septiembre pasado y permaneció cinco semanas consecutivas en lo más alto de las listas de ventas, con cifras muy altas en "un momento de recesión" discográfica. Los interesados en acudir al concierto pueden comparar su entrada de manera anticipada en la web de Caixa Galicia o Ticketmaster así como en la taquilla el día del concierto. La Cabra Mecánica inicia su espectáculo a las 20.30 horas y Fito & Fitipaldis empiezan el concierto a las 22.00 horas.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:
A cantante e compositora Mercedes Peón e o cantautor Emilio Rúa actúan o xoves, 18 de marzo, no Centro Cultural Caixanova de Vigo a partir das 21 horas dentro do programa Xacobeo Raíces, ciclo que forma parte da programación do Camiño da Música do Xacobeo 2010 e que ofrece unha serie de espectáculos de altísimo nivel coa fin de amosar o intenso e creativo traballo dos músicos e formacións galegas.
Nesta ocasión, Xacobeo Raíces brinda a oportunidade de gozar dunha voz única, a de Mercedes Peón, Premio Nacional de Cultura 2008 no apartado de música e Mellor Artista do ano pola revista Folk World. A súa obra musical embebe das vivencias propias, das lendas, das músicas e das danzas da Galicia máis rural. Así, na súa música as gaitas e a percusión tradicional conviven cos ritmos eléctricos máis actuais, creando unha atmosfera única.
Con tres discos no mercado, esta artista autodidacta formou parte da agrupación folclórica Xaracandaina e durante 17 anos dedicouse á ensinanza de música e bailes tradicionais. Na súa traxectoria conta con ter participado en diversos proxectos con músicos como Os Diplomáticos de Monte Alto ou Xosé Manuel Budiño; ademais de terse aventurado noutros eidos como a televisión ou a prensa escrita, fundar a discográfica Discotrompo e impartir conferencias en diferentes universidades europeas.
Por outra banda, o cantautor Emilio Rúa edita o seu primeiro disco Vida Miña, caracterizado por tinturas melódicas e cargado de sentimento, mesturando ritmos pop coa música tradicional. Percorridos xa numerosos escenarios galegos, actualmente ofrece concertos en Madrid e Barcelona, entre outras cidades da xeografía española, ademais de ter compartido escenario con artistas como Ismael Serrano ou Pedro Guerra. As cancións deste primeiro traballo, no que contou con persoeiros clave do panorama musical galego, como Xosé Budiño ou Uxía Senlle, falan de soidade, do desamor ou do fin da violencia.
A actuación de mañá en Vigo será a segunda prevista dentro do ciclo Xacobeo Raíces, no que toman parte un total de 25 artistas e agrupacións galegas, despois do que ofreceu a formación Fuxan os ventos en A Coruña o pasado 6 de marzo. Os concertos celebraranse ata o 6 de xuño en distintas localidades galegas, ademais de levarse a cabo un recital especial en Madrid.
Reivindicar a expresión autóctona galega, única no mundo, é o obxectivo de Xacobeo Raíces, que pretende, tamén, impulsar o potencial desta con profesionais de traxectoria musical consolidada a nivel nacional e internacional e que actuarán como embaixadores da cultura galega.
Despois do concerto de mañá en Vigo, Xacobeo Raíces recalará o vindeiro 27 de marzo no Centro Cultural Caixanova de Pontevedra coa actuación de Marful e Bonovo, á que seguirá, xa o 3 de abril, o trío Vaamonde, Lamas e Romero e o grupo Malvela, que estarán no Auditorio Municipal de Ourense.
R.