Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Pablo Iglesias e Isaac Díaz Pardo presentan el Premio Bronze Palm Award conseguido por la película Pedro e o capitán

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Cultura e Turismo de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu hoxe en San Caetano ao director e guionista da longametraxe “Pedro e o capitán”, Pablo Iglesias, e a Isaac Díaz Pardo, quen participou nas localizacións para a rodaxe do filme, quenes lle fixeron entrega do premio Bronze Palm Award recibido pola película no Festival Internacional de Cine de México. Roberto Varela agradeceu este xesto de recoñecemento ao apoio prestado ao cinema galego pola Consellería de Cultura, xa que a película contou cunha subvención de 35.000 euros. Segundo o conselleiro, “Pedro e o capitán” é un exemplo do audiovisual galego “que queremos impulsar, aqueles produtos de calidade que demostran que nosa industria cultural pode e debe ser exportable”.

“Pedro e o capitán”, escrita e dirixida por Pablo Iglesias, foi producida por Ledesma Producións cun orzamento inicial de 100.000 euros e rodada exclusivamente con medios dixitais. Trátase da adaptación dunha novela de Mario Benedetti que ten sido seleccionada por numerosos festivais internacionais: Festival de Porto, Festival das Amércias en Texas ou o Festival Internacional de México. Foi o único filme galego na Sección do Festival de Cine de Ourense, no que Miguel de Lira gañou o premio ao mellor actor protagonista. O premio Bronze Palm Award do Festival Internacional de Cine de México chegou agora a Galicia despois de que o equipo da película non puidera viaxar a América para recibilo por mor da gripe A.

A produtora Ledesma foi fundada en 2007 por Pablo Iglesias, marcándose como liña de traballo a realización de historias feitas en Galicia pero con vocación internacional. Entre os seus últimos proxectos teñen rematado o documental “X.N.V., memorias dun emigrante” sobre a figura de Xosé Neira Vilas e están a producir a longametraxe “A noite equivocada”.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información