El Teatro Jofre de Ferrol abre la temporada con los estrenos del último cortometraje de Rubén Coca y de la última producción de Teatro do Noroeste

A concelleira de Cultura e Educación, Mercedes Carbajales, compareceu en rolda de prensa para presentar as principais actividades de setembro en materia cultural. Un mes de transición cara o outono, no que o Concello quere posicionar a Ferrol como cidade de creación máis aló de mero foco de atención cultural. Así o proba o programa elaborado polo departamento municipal de Cultura. A estrea da curtametraxe “A nena que tiña unha soa orella”, do cineasta local Rubén Coca; a estrea absoluta de “Glass City”, a última producción da compañía Teatro do Noroeste; a posta en marcha, por segundo ano consecutivo, do proxecto de arte na rúa “As Meninas de Canido”; o regreso do ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena, no centro cívico de Caranza, e a Residencia Artística do Centro Coreográfico Galego no centro cultural Torrente Ballester, con ensaios abertos á cidadanía, son os principais reclamos do cartel cultural da cidade en setembro.
Máis polo miúdo, Mercedes Carbajales apuntou que o Teatro Jofre será escenario, o 24 de setembro, da estrea absoluta de Glass City (Cidade de Cristal), a última producción de Teatro do Noroeste. Unha obra ambientada na década dos anos 50, na cidade da Coruña, que combina teatro, danza e musical. A compañía está aínda en fase de producción do espectáculo, circunstancia que aproveitará para trasladar os últimos ensaios a Ferrol, o 22 e o 23 de setembro. Ensaios que a cidadanía poderá seguir previa inscrición no Punto de Información Cultural (PIC), na taquilla do Jofre. Non só iso, tras a estrea e durante os días de función (os días 25 e 26 ao prezo de dez euros), os ferroláns e ferrolás que así o desexen tamén poderán participar, gratuítamente, de visitas guiadas ao espazo escénico.
Non será a única estrea que albergue Ferrol no mes de setembro, xa que o sábado 19 de setembro, o cineasta local Rubén Coca presentará a súa última curtametraxe “A nena que tiña unha soa orella”. Baseada nun conto infantil de Lucía Etxebarrría, está dirixida a todos os públicos debido á súa clara vocación divulgativa e de concienciación cara o respeto ás diferencias entre os seres humanos. Producida por Rubén Coca e dirixida por Álvaro León narra unha historia que invita aos pequenos e non tan cativos a aceptar de maneira natural as diferencias. Son 13 minutos nos que se empregaron diferentes técnicas narrativas de animación, dende a máis tradicional baseada no uso de marionetas, collages e sombras chinesas, ata chegar ás técnicas máis avanzadas de STOP MOTION ou CGI. Aínda sen terse estreado, xa foi seleccionada para participar en festivais de primeiro nivel en España e conta co respaldo económico do Concello de Ferrol, de Narón e da Xunta de Galicia.
Doutra banda, Mercedes Carbajales deu conta de dúas actividades coas que se pretende continuar a senda da descentralización xeográfica do programa cultural: A Banda nos Barrios e o proxecto “As Meninas de Canido”. No primeiro caso, a Banda Ferrolá de Música desprazará este sábado pola mañá, ás 13 horas, as súas partituras ata o barrio de Recimil, nun concerto gratuíto. Con el se pecha o ciclo iniciado nos meses de verán e que levou aos músicos da banda, baixo a dirección maxistral de Narciso Pillo, polos diferentes barrios da cidade. Entre eles, Esteiro, Caranza ou A Magdalena. No segundo caso, o Concello aposta polo proxecto de arte na rúa impulsado polo artista Eduardo Hermida e que, na súa primeira edición, o ano pasado, logrou un extraordinario éxito tanto de participación cidadá como de resultado final. Tamén este sábado, e durante toda a xornada, Canido se convertirá no centro de creación cultural de Ferrol, nunha experiencia na que se conxugarán cine, pintura e música. A edil, que presentará o proxecto este xoves xunto ao propio Hermida, non quixo avanzar ata entón máis detalles sobre o mesmo.
Así mesmo, Mercedes Carbajales apuntou que o ciclo de teatro afeccionado Domingos a Escena regresará este mes ao centro cívico de Caranza para manterse ata o vindeiro verán. Como nas edicións pasadas, os amantes do teatro terán unha cita todos os domingos, a partires das sete do serán, con entrada libre e gratuíta. Deste xeito, a concelleira engadiu que as representacións darán comezo o día 20 de setembro.
Por último, e afondando no obxetivo de potenciar a creación cultural na cidade, a edil avanzou que os integrantes do Centro Coreográfico Galego se desprazarán ata Ferrol para realizar, a porta aberta, ensaios das súas obras. Unha actividade que se inclúe no marco do proxecto Artistas en Residencia. O día 30 de setembro, tras os ensaios, o centro cultural Torrente Ballester acollerá a representación final.
R.